Foros ›
XII MEDIA MARATON PLASENCIA. 01/02/26 (CRÓNICA
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3894 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Xan 2026, 19:39
Asunto: XII MEDIA MARATON PLASENCIA. 01/02/26 (CRÓNICA

Toca retomar o reto provincial neste 2026 e vouno facer na provincia de Cáceres.
Ainda que en Cáceres hai media maratón, este ano é o 16 de maio polo que coincide co finde das Medias de Lugo e a Entrerrías. Tendo eu como máxima non facer unha media fora se coincide cunha media eiqui, asi que descartada.
Así que tocou buscar alternativas e nun mes de febreiro ausente da media de Coruña imos correr en Plasencia.
Media que tamén ten un 10 k, entre as duas sobre 700 inscritos, esgotaron as inscripcións, percorrido que alterna asfalto, terra e adoquinado, con varias costas considerables, que na sua segunda metade percorre o fermoso casco histórico.
Polo que en 5 días e medio tocará coñecer unha nova media maratón e tachar unha provincia máis.

tickets.runagain.com/i...odalidades


Última edición por Kurty o Mér, 04 Feb 2026, 20:29; editado 1 vez
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
221 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Feb 2026, 12:26
Asunto: Re: XII MEDIA MARATON PLASENCIA. (01/02/26)

Vou anotando pois por se nalgún momento me decido ir por esas terras.
Grazas!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
522 Carreiras
3894 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Feb 2026, 20:54
Asunto: Re: XII MEDIA MARATON PLASENCIA. 01/02/26 (CRÓNICA

Rematada a miña 188 media maratón e tachada unha provincia máis do reto.
O venres fixemos noite en Zamora e o Sábado saimos cedo, xa que tiñamos unha visita guiada en Plasencia. Fermosa cidade a que disfrutamos durante todo o día.
O Domingo, como a saida era moi tarde, as 11 o que fixen despois de almorzar ir buscar o dorsal e voltar para o Hotel que estaba cerquiña da saida, xa que estaba chovendo e non acompañaba estar por fora.
A choiva, ainda que miuda, acompañounos toda a mañán, fixen un moi breve quecemento e para a saida. Primeiro sairon os do 5K, e cinco minutos despois fomos nos.
Só tardei 4" en pasar polo arco, xa que saese dunha avda. moi ancha, polo que enseguida se pode correr ben, tiña moi cerca a liebre de 1h40", e dubidei si seguila ou non, pero saleu a un ritmo moito máis rápido do fixado.
Damos unha pequena volta polo lugar, cun par de subidiñas e cando levamos caseque 3 Kms. pasamos outra vez pola saida.
Pasamos polo lado do acueducto por un tramo de terra, había que ter coidado xa que nalgúns tramos estaba esvaradizo.
E cando imos sobre o 6 métennos nun paseo a carón do río Jerte, e por esa zona imos facer caseque toda a carreira, tramo moi chanciño polo que se podía correr rápido, todos os kms ata o 17 entre 4'40 e 4'45", salvo un par deles que foron a 4'35", ahí abandonamos o paseo, para subir ó casco histórico de Plasencia e facer un percorrido por todo el, eses 2 Kms. os máis lentos en 4'50 e 5'08, pero o 20 tiña moita baixada e foi o máis rápido en 4'29 e o derradeiro entre que ia un pouco xusto e tiña unha subida considerable marqueino en 4'59", para rematar moi contento en 1h40'14" oficial.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos