Foros ›
Carreiras de Nadal + San Silvestre 2025 en Galicia
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Atrapaleguas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/23
59 Carreiras
117 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 25 Dec 2025, 15:09
Asunto: Re: Carreiras de Nadal + San Silvestre 2025 en Galicia

Amina escribió:
Os dejo por aquí, a modo de curiosidad, un artículo que justo acabo de leer sobre el origen de las San Silvestres: www.mundodeportivo.com...imero.html

Gracias, no conocía lo del origen en ultramar.

Felices fiestas!
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
84 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Xan 2026, 16:00
Asunto: Re: Carreiras de Nadal + San Silvestre 2025 en Galicia

Pois en 2025 cheguei a participar en 5 San Silvestres! Aclaración: non fun a cinco concellos distintos o día 31, é que esa nomenclatura e tradición xa leva un tempo empregándose para calquera carreira lúdica en datas de Nadal... E xa van 151 concellos de 313 Silbar

San Silvestre de Ponte Caldelas (13 decembro): dúas voltas polo centro da vila en horario de tarde. Primeira edición, distancia moi moi cortiña (practicamente unha milla) e moitísima participación dos veciños. De balde, con camiseta de agasallo.

San Silvestre de Salceda de Caselas (26 decembro): probablemente das San Silvestres más frías e escuras do calendario galego. Celebrada ás 21.30h, estes 3 quilómetros comezaban cunha considerable costiña e despois cun pouco de sube e baixa. Recollida de alimentos en concepto de inscrición e chocolatada final.

San Silvestre de Bueu (28 decembro): unha carreira de 3,5km non competitiva, onde os premiados eran os mellor disfrazados e participantes de menos e máis idade. Inda así, e malia contar cunha boa morea de voluntarios indicando o percorrido, con zonas precintadas, resultaba un pouco difícil circular por zonas con moito tránsito de peóns ó non cortar as rúas. Igual fun o único, pero co barullo de pelotón de andaina saínme do percorrido e acabei facendo 300 metros de máis e chegando a meta por onde non era... Inscrición de 4 euros, taza de agasallo e actividades paralelas (zumba, andaina).

San Silvestre de Val do Dubra (31 decembro): carreira de pouco máis de 4 km desde o campo da feira de Bembibre. De balde e sen inscricións, co percorrido sinalizado e controlado por Protección Civil. Unha edición con bastante frío a pesar da hora (12 da mañá) e na que servían callos despois da carreira.

San Silvestre de Poio (31 decembro): seguramente a que máis me gustou deste ano, porque a contorna coa illa de Tambo de fondo era espectacular, e se trataba dunha carreira de 2,6 km con perfil moi favorable, con lixeiras costiñas pero con maior desnivel negativo. Comezaba na Praza da Granxa de Campelo e remataba no campo de fútbol da Reboira. Inscrición de balde, con dorsal e gorros de Papá Noel de agasallo. O único problema é que hai que volver o punto de partida polos teus medios, e descoñecía que se podía atallar por un sendeiro pegado á costa.

Agardo que todos os deste foro tiverades a oportunidade de gozar polo menos dunha San Silvestre de todas as que tivemos en Galicia.

Feliz 2026, por un ano con moita saúde e quilómetros!!

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos