Lun, 01 Dec 2025, 19:56
Asunto: Re: MEDIA MARATON DE VILAGARCIA DE AROUSA 30/11/25
Unha nova media de Vilagarcía rematada. Súmome coma todos a crítica do peche a tan temprana hora da zona habitual de parking. Un amigo comentoume que el chegou as 8:45 e xa non pudo pasar. (non sei se valerá de algo, pero mirarei de mandar un e-mail ao concello de Vilagarcía).
O da auga fría xa é outro clásico desta media, duchas insuficientes para tanta xente.
Do resto, unha boa organización, un gran día para correr, ainda que na 2ª volta de regreso soplou algo de aire e un percorrido chanciño.
Respecto a miña carreira, satisfeito, xa que estou recuperando e sain máis que reservón, dos derradeiros do pelotón, indo de menos a máis. Rematando a un ritmo xeitoso, para 1h43'17" neto.