Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
334 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 11 Ago 2025, 12:08
Asunto: XLVIII San Martiño Ourense

Aínda que aínda é un pouco cedo (en carreiras galegas vén anunciada para o 9 de novembro: www.carreirasgalegas.c...V2mJOJ9M), abro fío por se se sabe algo do posible troco de percorrido que quería facer o alcalde para este ano. En teoría máis rápido, pero abandoando sitios emblemáticos.... En fin, queda por aquí a cuestión, a ver se non crea moita polémica Disimulando
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
306 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Set 2025, 23:29
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Boas!!! Parece que aínda andan as voltas... pero,os que sodes de Ourense ou coñecedes, ¿que vos parece este posible novo circuito? ¿ vedelo viable?
A min o do ano pasado non me disgustou, aínda que ir a dar a volta á rotonda e cruzarse cos outros corredores en sentido contrario non é unha cousa que me guste.
Bueno, xa iremos opinando.
Un saúdo.
www.facebook.com/share...MDh8amqYu/
roi

Montañés
Montañés
20/12/10
0 Carreiras
270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2025, 9:15
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Moi boas! Xa está publicada a info sobre a carreira, e vexo que este ano non hai categoría para os máis peques (nacidos no 2018 e anos posteriores). ¿Sería unha opción anotar ós máis pequenos na carreira inclusiva, ou quizáis non procede? No regulamento pon "proba aberta a todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física, así
como da existencia de diversidade funcional."

Gracias polas opinións, un saúdo.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1064 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 10 Out 2025, 9:34
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

pantasma escribió:
Boas!!! Parece que aínda andan as voltas... pero,os que sodes de Ourense ou coñecedes, ¿que vos parece este posible novo circuito? ¿ vedelo viable?
A min o do ano pasado non me disgustou, aínda que ir a dar a volta á rotonda e cruzarse cos outros corredores en sentido contrario non é unha cousa que me guste.
Bueno, xa iremos opinando.
Un saúdo.
www.facebook.com/share...MDh8amqYu/

Eu creo que o comezo será rompepernas: despois da tradicional subida á estación hai un bo anaco favorable ata a rotonda da policia nacional; a partir de aí case 1K picando para arriba pola zona da universidade; ao dar a volta nesa rotonda xa compensa picando para abaixo e meténdose polo centro, cos dous últimos tercios bastante favorables. Pero creo que é bo comezar coa parte máis dura xa que é cando un está fresco.

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
570 Carreiras
1656 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Out 2025, 17:57
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Polo que vexo xa non dan dorsais o mesmo día da carreira, así imposible ir.
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
306 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Out 2025, 20:14
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Boas!!
ZeusOurense, gracias polo resposta.
Pietropuki, pois a min me resultados moito máis cómodo o sistema de envió a un punto que elixas, por 2 euros cho mandaban o decathlon e por non sei canto a casa. A min acabame de chegar o mail que man̈an xa o podo pasar a recoller.
A min creame máis ansiedade coller o dorsal no día da carreira na que hai moita participation. Na Vig-bay o paso malisimo, entre autobus en Bayona o dorsal en Samil , despois gardarroupa... eu prefiro pagar algo máis, o final en Ourense eran 7 euros en total, e ter xa o dorsal antes do día.
Vemonos en Ourense, a ver si non chove.
Saudos
koskei

Novo foreiro
Novo foreiro
18/04/12
225 Carreiras
3 Mensaxes
Noia
Respostar citando Envío Dom, 02 Nov 2025, 15:08
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

pietropuki escribió:
Polo que vexo xa non dan dorsais o mesmo día da carreira, así imposible ir.

E ló non haberá por aí por Ourense unha alma caritativa que recolla o dorsal dunha persoa...
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
570 Carreiras
1656 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Nov 2025, 17:55
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

koskei escribió:
pietropuki escribió:
Polo que vexo xa non dan dorsais o mesmo día da carreira, así imposible ir.

E ló non haberá por aí por Ourense unha alma caritativa que recolla o dorsal dunha persoa...

Gracias! Ó final irei a outra carreira máis preto. Xa corrín varias veces a San Martiño, haberá que voltar noutra ocasión, que teñades boa carreira!
toledano

Super Veterano
Super Veterano
4/07/08
0 Carreiras
2249 Mensaxes
OURENSE
Respostar citando Envío Ven, 07 Nov 2025, 16:52
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

l.facebook.com/l.php?u...Z6D0DspBbw
Sacado do facebook de democracia ourensana do alcalde de Ourense.

Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)

Grelos, sexo, e muiñeira.
J.Polo

Novo foreiro
Novo foreiro
1/10/13
23 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 08 Nov 2025, 13:11
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Buenos días.
Usando el recorrido oficial de la carrera absoluta (10Km)
Por si alguno le interesa, en wikiloc está el recorrido con una desviación de 240 metros respecto al original, creo que suficiente para hacerse una idea del desnivel de cada tramo y las calles por donde pasa.
El enlace es este:
loc.wiki/t/239357540?wa=sc






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos