Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
331 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 11 Ago 2025, 12:08
Asunto: XLVIII San Martiño Ourense

Aínda que aínda é un pouco cedo (en carreiras galegas vén anunciada para o 9 de novembro: www.carreirasgalegas.c...V2mJOJ9M), abro fío por se se sabe algo do posible troco de percorrido que quería facer o alcalde para este ano. En teoría máis rápido, pero abandoando sitios emblemáticos.... En fin, queda por aquí a cuestión, a ver se non crea moita polémica Disimulando
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
305 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Set 2025, 23:29
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Boas!!! Parece que aínda andan as voltas... pero,os que sodes de Ourense ou coñecedes, ¿que vos parece este posible novo circuito? ¿ vedelo viable?
A min o do ano pasado non me disgustou, aínda que ir a dar a volta á rotonda e cruzarse cos outros corredores en sentido contrario non é unha cousa que me guste.
Bueno, xa iremos opinando.
Un saúdo.
www.facebook.com/share...MDh8amqYu/
roi

Montañés
Montañés
20/12/10
0 Carreiras
270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2025, 9:15
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

Moi boas! Xa está publicada a info sobre a carreira, e vexo que este ano non hai categoría para os máis peques (nacidos no 2018 e anos posteriores). ¿Sería unha opción anotar ós máis pequenos na carreira inclusiva, ou quizáis non procede? No regulamento pon "proba aberta a todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física, así
como da existencia de diversidade funcional."

Gracias polas opinións, un saúdo.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1064 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 10 Out 2025, 9:34
Asunto: Re: XLVIII San Martiño Ourense

pantasma escribió:
Boas!!! Parece que aínda andan as voltas... pero,os que sodes de Ourense ou coñecedes, ¿que vos parece este posible novo circuito? ¿ vedelo viable?
A min o do ano pasado non me disgustou, aínda que ir a dar a volta á rotonda e cruzarse cos outros corredores en sentido contrario non é unha cousa que me guste.
Bueno, xa iremos opinando.
Un saúdo.
www.facebook.com/share...MDh8amqYu/

Eu creo que o comezo será rompepernas: despois da tradicional subida á estación hai un bo anaco favorable ata a rotonda da policia nacional; a partir de aí case 1K picando para arriba pola zona da universidade; ao dar a volta nesa rotonda xa compensa picando para abaixo e meténdose polo centro, cos dous últimos tercios bastante favorables. Pero creo que é bo comezar coa parte máis dura xa que é cando un está fresco.

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos