Dom, 14 Set 2025, 18:18
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09
Pois eu cando cheguei a meta estiven buscando a xente que correra máis anos (esta foi a miña 3ª vez nas Catedrais) a ver se fora cousa miña ou foi moito máis dura do habitual (que xa é bastante). Despois, pouco a pouco, fun confirmando que este ano foi especialmente salvaxe

Corraboro o que dis (Kurty), o de pensar en parar no km 10 e botarme atrás porque total había que chegar igual ás Catedráis...
Eu fixen 4 minutos máis que ano pasado, pero quedei 4 posicións mellor (creo que xa só eso é significativo), do 18º ó 14º. Tamén me fixei que este ano o tempo do primeiro foi uns 3 min peor que o do ano pasado, ou que a rapaza que gañou o ano pasado tivo que abandoar (non sei se foi pola dureza, pero os primeiros km vinna ben).
Creo que o calor, sumado ó vento, fixeron a combinación perfecta para facernos a vida imposible onte.
Eu nesta media sufro tanto que sempre a remato dicindo que non volvo. Así que, ata o ano que vén, supoño