Xov, 31 Xul 2025, 22:47
Asunto: Carril runner Coruña
Boas!
Creo que deste tema xa se falou recentemente pero precisaba comentalo e de paso se lle saco unha sonrisa a alguén, eso que levamos.
Acábome de mudar a Coruña e estrear o suposto carril runner do paseo marítimo...poderíame dicir alguén onde apuntarse aos cursos de seguridade vial para poder correr por él? Creo que hoxe xa quedei sen puntos no carnet de corredor

entre tanto zigzag, carril bici compartido e despois dividido e viceversa, as liñas do antigo tranvía, as liñas de circulación de cando estaba habilitado para os coches, que incluso se ven máis que as do propio carril runner....e despois para maior sorpresa, na parte das praias, as bicis van por dentro e os corredores a carón dos coches...solo quería darlle un saúdo e a miña máis sinceira noraboa dende aquí aos/as técnicos/as que elaboraron o proxecto e as persoas que lle deron o okei, o cable do enchufe debía ser ben bó jajajaja
Apertas a todos e moitos kms!!