Foros ›
Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Xul 2025, 20:52
Asunto: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Boas! Estou vendo esta carreira do vindeiro.2 de agosto que ten versión 21k e 8k percorrendo O camiño francés entre Arzúa e o Pino. Como é a primeira edición pouca referencia podemos ter pero seguramente alguén coñece algo da zona para saber sobre o perfil. Grazas!

www.carreirasgalegas.c...o/4BlgGQlL
JaimeRV

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/06/13
43 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2025, 6:02
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

É o mesmo recorrido que a carreira O Gran Camiño que se fixo 3 edicións e deixouse de facer dende o COVID (2020).
Camiño Francés con subidas en baixadas continuas. Similar Os 21 do camiño, algo menos dura creo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3858 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2025, 18:28
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Xertiz, eu so a corrín na derradeira edición no 2019 ca denominación de Gran Camiño, imaxino que o percorrido será o mesmo, este ano en principio conto con facela.
Vouche poñer parte do meu post que fixen despois de correla:

"Saida de poucos corredores, (un montón de caras coñecidas, é dicir os habituais das distancias longas), llaneando e xa ó pouco unha gran baixada, e ao rematala unha gran subida, sensacións malas neses comenzos, a carreira nos primeiros Kms. é moi dificil de correr, xa que ou ben baixas ou subes . Eu dentro das miñas posibilidades (algúns kilos de máis) case que subo mellor do que baixo, polo que era unha constante sobrepasar corredores nas subidas e despois estos devolvíanme a xogada.
Siguen pasando os Kms. e dentro do que cabe procuro disfrutar dos lugares polos que pasamos (menos animación que nos 21 do Camiño), xa que cansancio levo dabondo, a partir do 10 a carreira faixe máis levadeira, ainda que é un rompepernas constante ata o remate, algunhas das subidas son bastante corribles".
Saudos.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xul 2025, 19:07
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Grazas polos comentarios!

Eu estou pensando en facela pero como me queda algo lonxe da casa pois quero saber ben onde vou.
JaimeRV

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/06/13
43 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Xul 2025, 7:26
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Xertiz, pego enlace con el recorrido que acaba de poner la Sociedade Deportiva Compostela Tambre Lengüelle en facebook.
es.wikiloc.com/.../i-m...pineiro...
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 12 Xul 2025, 13:08
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Grazas! Se consigo conciliación familiar e vou xa informo de como foi!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
967 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 10:56
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

JaimeRV escribió:
Xertiz, pego enlace con el recorrido que acaba de poner la Sociedade Deportiva Compostela Tambre Lengüelle en facebook.
es.wikiloc.com/.../i-m...pineiro...
No va el link Chorando
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 12:41
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Grazas polo aviso AJACAST. Vouno mirar!
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Xul 2025, 22:06
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Ao.fin inscribinme a esta carreira, que ademais ampliaron un día esa posibilidade. Polo momento na 21k.somos 105 e na 8k sobre 70. Veremos que sae desto e cando menos coñeceremos O Pino e a súa festa do galo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3858 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Xul 2025, 20:19
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Eu tamén me inscribín onte, e parece como era de supoñer, que non imos ser moitos, a menos de 2 horas do peche somos 110 na media e 97 na de 8 kms.
O que imos e ter calor a hora da saida, eu tanto o luns coma hoxe sain a correr un pouco despois das 19:40 para tentar adaptarme a calor que poida facer o sábado.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Ago 2025, 7:00
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Pois veremonos logo por alá Kurty. Irá calor, pero bueno, estamos no verán!! Hai que hidratarse ben e con calma desfrutar da carreira, que supoño algunha sombra terá.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3858 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Ago 2025, 10:21
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Carreira dura, dura e non pola calor, xa que había moitísimas zonas de sombra, se non polo perfil da mesma, ou polo menos a min pareceumo.
101 chegados a meta, dos 116 inscritos que está moi ben. E boa organización en liñas xerais para unha primeira edición.
Eu sain reservón, xa que creia recordar, que os primeiros 11 kms. eran os máis duros, pero non era tal coma eu pensaba.
Fun bastante ben ata o km 17 que nun tramo de baixada confundinme e en vez de coller recto para cruzar por debaixo da estrada, metínme cara a dereita e despois duns centos de mts, xa vin que estaba errado, así que tocou dar volta e dende ahí ata o remate xa non fun cómodo e para remate o bucle que nos fan dar no Km 19 que se me fixo moi duro.
Pero rematei enteiro que é o que conta e sorpresa agradable xa que cando me estaba a duchar comentanme que quedei 3º na miña recén estrenada categoría de master 3, xa empezo a ser un un dos veteráns Silbar Silbar
Así que espero que haxa máis edicións e loxicamente poder participar.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
195 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Ago 2025, 11:06
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Coma ben di Kurty carreira dureta pero tamén bonita. Especialmente duros para min os primeiros quilómetros. Non din collido o ritmo e o perfil non axudaba. Realmente toda a carreira ten un perfil tipicamente galego coa vantaxe no día de onte de que case todo o percorrido vai a sombra ao que se sumou algunha xentiña coas súas mangueiras para refrescarnos. Fun aos poucos atopándome mellor na carreira e atopándome a partir do 15 moi enteiro. Ben é certo que o bucle final faise algo eterno!! Rematei nun pouco máis de 1h36m polo que bastante satisfeito.
Creo que boa organización, con especial mención a xente voluntaria, con avituallamento final de brownie, queixo Arzúa, galo piñeiro, froita e bebida.
Boa tarde de deporte!!
Parabéns ao compañeiro Kurty por ese terceiro posto!!!
biry

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/12
4 Carreiras
81 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Ago 2025, 17:58
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Esperemos que haxa unha segunda edición, unha pena a pouca participación. Percorrido bonito, avituallamientos ben, parrece que nos ian grabando durante a carreira, bo avituallamiento final, masaxistas, medalla. O único pero que lle poño é que non houbera ningún gaiteiro polo circuito
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1070 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Ago 2025, 15:44
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto

Boas, pois contento con haber participado nesta Media Maratón.
Trazado bastante rompe pernas os primeiros 15 kms. Polo meu gps sairon 21,5 kms con 320 + e case 450 -. Quizáis o mais duro psicolóxicamente foi o derradeiro bucle de 2 kms xusto cando se estaba cerca de meta, parecía mais distancia.
De primeiras, vendo o horario penséi que faría bastante calor pero entre o aire que fixo en moitos tramos e que gran parte do trazado vai por zona sombreada pois o levéi bastante bén.
A organización en xeral ben (voluntarios, policia nos cruces da nacional, marcaxe, avituallamientos intermedios e final, duchas preto da saída).
De agradacer o servicio de fisioterapia / masaxe no propio pavillón das duchas.
Non foi moita a participación pero tendo en conta que era a primeira edición, o horario e data pois aínda estivo ben.
Po ano se podo voltaréi participar.
Saudos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos