Dom, 03 Ago 2025, 10:21
Asunto: Re: Os 21 do Galo Piñeiro. 2 de agosto
Carreira dura, dura e non pola calor, xa que había moitísimas zonas de sombra, se non polo perfil da mesma, ou polo menos a min pareceumo.
101 chegados a meta, dos 116 inscritos que está moi ben. E boa organización en liñas xerais para unha primeira edición.
Eu sain reservón, xa que creia recordar, que os primeiros 11 kms. eran os máis duros, pero non era tal coma eu pensaba.
Fun bastante ben ata o km 17 que nun tramo de baixada confundinme e en vez de coller recto para cruzar por debaixo da estrada, metínme cara a dereita e despois duns centos de mts, xa vin que estaba errado, así que tocou dar volta e dende ahí ata o remate xa non fun cómodo e para remate o bucle que nos fan dar no Km 19 que se me fixo moi duro.
Pero rematei enteiro que é o que conta e sorpresa agradable xa que cando me estaba a duchar comentanme que quedei 3º na miña recén estrenada categoría de master 3, xa empezo a ser un un dos veteráns
Así que espero que haxa máis edicións e loxicamente poder participar.