Dom, 20 Xul 2025, 8:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela: " Abrindo o mercado de verán "
Xa pasou case un mes dende a última entrada no diario, e ningunha destas catro semanas foi exactamente unha semana "standar". Pero vou tendo certa continuidade co ximnasio, e a perna vai recuperando forza.
Hai quince días, falando cun correlega, entereime de que en agosto aínda segue no calendario a Carreira a pe de Lira. E aí entroume o "formighillo", e comecei a botar contas: Se estou a facer saídas de 4 a 5 km trotando media hora , ben me podería atrever coa modalidade de 3 km para ir probando... Así que dito e feito : Xa teño a reserva no hostal de sempre en Louro, e a inscripción cumplimentada, modalidade 3 km. Non hai volta de folla. Isto é volver de verdade... Certo que non vai ter nada que ver con outros tempos gloriosos na Carreira de Carnota, completando heroicamente os 10 km e "cum laude" . Pero volver a ser da partida é un premio xa en si mesmo para min, despois dun ano e medio no que case me chegaron a asegurar que tiña que colgar as zapatillas.
Polo tanto, aínda que sigo a facer case o mesmo, xa non saio a trotar, senón a entrenar. Algún día leveime unha alegría grande, ao ver que facía 5 km a ritmo de 5:35 nas costas de Teis, pero a meirande parte das veces remato ese circuíto a ritmos medios de 6:30 o 7 min/km . O caso é seguir, estar aí. Viva .
A ver que vou conseguindo nestes 15 días que faltan para a carreira.