Dom, 06 Xul 2025, 22:10
Asunto: Re: Carrera Laxe 6 Julio
No perfil de Facebook do concello de Laxe xa están dispoñibles:
www.facebook.com/share/16Tw3DR7Vr/
Participei na distancia 5k e o percorrido pareceume moi chulo, como comentaba Xertiz conta con pouco desnivel e agradécese para quen queira apretarlle un pouco. Moi bonita a zona do paseo co mar de fondo e moi animada a zona do arco de saída/meta.
O único "pero" é que o regulamento quizáis merecía algo máis de detalle (non especificaba servizo de duchas e por sorte había, supostamente habería tamén podios por categoría para o 5k e a piques non o tiveron os 3 primeiros)... Pero trátase da primeira edición e resulta completamente comprensible.
No meu caso, concello n°125 para a miña colección do Instagram @CorrendoGalicia e 4° clasificado do 5k, un posto que sempre deixa sensacións "encontradas". Con todo, unha carreira moi recomendable e qué ogallá se manteña no calendario!