Dom, 22 Xuñ 2025, 19:29            
            Asunto: Re: XI OS 21 DO CAMIÑO. PALAS DE REI - MELIDE
          
          
          A miña 10ª participación na carreira e cada ano paréceme máis dura, que  as costas teñen máis pendente  
  
 
  Moi ben a organización coma sempre, pero eu onte non tiña o corpo en condicións óptimas para correr, e xa antes de dar a saida sabía que non ia ser doada a tarde. Notaba unha sensación grande de bochorno e fixo máis sol do que predicían.  Fíxoxe eterna a chegada do 1º avituallamento, bastante despois do km7, coma  semrpre . E outros corredores tamén o comentaban.
  Así que ata o comenzo da famosa subida ao Mato fun bastante ben, pero a partir de ahí, ainda que gañei posicións,ata o final, pasabao moi mal nas subidas que quedaban.
  Pero unha media maratón máis rematada ainda que fixen sobre uns 4 minutos máis que o ano pasado.
  Saudos e en 2 semanas toca a media maratón polo Camiño Inglés.