Foros ›
XXXIII M. MARATON LA RIOJA 25/05 (CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
507 Carreiras
3846 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mai 2025, 19:29
Asunto: XXXIII M. MARATON LA RIOJA 25/05 (CRÓNICA)

Este finde irei ata a Logroño a disputar a media maratón denominada de La Rioja (organizada polo xornal La Rioja) e tachar unha Comunidade dentro do meu reto provincial, podendo decir que xa corrín en todas as C.C.A.A., pero en Extremadura e Navarra ainda non corrín medias maratóns.
Media maratón que se celebra conxuntamente cun 11 K. con pouca participación, o ano pasado remataron 385 a media e 218 o 11 K, polo que na saida xuntarase un nº aceptable de corredores.
A inscripción a 20€ ata onte a noite, 25€ ata o día 24 e algo totalmente inusual nestes tempos, o de poderse inscribir o mesmo día da proba a 30€.
Eu xa o fixen o Domingo polo tarde, asignándome o dorsal 515, se é por orden de inscripción imos ser bastantes máis que o ano pasado.
O percorrido loxicamente 2 voltas, non moi duro, pero con varias subidas e creo que bastante céntrico.
maraton.larioja.com/


Última edición por Kurty o Mar, 27 Mai 2025, 21:30; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
507 Carreiras
3846 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 21:30
Asunto: Re: XXXIII M. MARATON LA RIOJA 25/05

Media Maratón sen pena nen gloria, deixémola como correcta sen máis . Páxina Web con moi pouca información, redes sociais sen case movemento e por ende sen promoción.
Na saida o presentador falaba de caseque mil inscritos entras 2 carreiras, pero rematar só fomos 471 na media e 280 no 11K. Que para unha cidade de 150000 habitantes e con Vitoria e Pamplona moi cerca parécenme moi poucos.
Recollin o dorsal o mesmo día, camiseta xa non había da miña talla e deronme unha S, tampouco é moi relevante para min, bolsa de corredor completa, composta de 1 botella de viño, un chourizo palacios, un aquarius e un bote de pepinillos con mel. Moi atentas todas as voluntarias.
Día máis que caluroso e hora de saida as 10 outros anos foi as 9:30, asi que acertadamente decidín regular, o paso do km 2, nun avituallamento xa nos ofrecen auga e antes do 4 noutro fan o mesmo, extranoume o feito e sorprendido pola cantidade de auga que nos deron, o percorrido a 2 voltas non iguais pero casi, non é duro, pero ten varias subidas considerables, ainda que de céntrico non ten nada.
A temparatura cada vez máis alta e que nos pasou, que na 2ª volta so houbo auga nun avituallamento, varios dos primeiros non terían que ternos dado a auga, eu non tolero a calor sofocante do domingo e xa me vedes mirando polo chan na busca de algún botellín que tivera auga, collendo en 2 puntos desa maneira, nun deles como lle daba o sol era caldo e boteina por enriba, no outro que estaba debaixo dun arbore a sombra e case cheo aproveiteina ben.
Na 2ª volta os tempos por km. foronse disparando, pero o obxetivo era rematala en condicións e así foi 1h43'48" polo meu crono, os máis rápidos en 4'40, que fixen dous na 1ª volta e o máis lento xa no 17 con subida e moitísima calor 5'06", quedei de 176 dos que rematamos, vin uns cantos abandonos .
Rematada a carreira no parque do Espolón con avituallamento só líquido, e moi fresquiño de auga, coca cola e aquarius. Ali que me quedei un bo rato sentado a sombra para recuperar.
Non entregaron medalla nen vin servicio de fisioterapeuta, pero si tivemos gardarroupa.
A Rioxa comunidade uniprovincial tachada do mapa.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
165 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Xuñ 2025, 11:02
Asunto: Re: XXXIII M. MARATON LA RIOJA 25/05 (CRÓNICA)

Parabéns e grazas pola crónica!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos