Mar, 20 Mai 2025, 19:29
Asunto: XXXIII M. MARATON LA RIOJA
Este finde irei ata a Logroño a disputar a media maratón denominada de La Rioja (organizada polo xornal La Rioja) e tachar unha Comunidade dentro do meu reto provincial, podendo decir que xa corrín en todas as C.C.A.A., pero en Extremadura e Navarra ainda non corrín medias maratóns.
Media maratón que se celebra conxuntamente cun 11 K. con pouca participación, o ano pasado remataron 385 a media e 218 o 11 K, polo que na saida xuntarase un nº aceptable de corredores.
A inscripción a 20€ ata onte a noite, 25€ ata o día 24 e algo totalmente inusual nestes tempos, o de poderse inscribir o mesmo día da proba a 30€.
Eu xa o fixen o Domingo polo tarde, asignándome o dorsal 515, se é por orden de inscripción imos ser bastantes máis que o ano pasado.
O percorrido loxicamente 2 voltas, non moi duro, pero con varias subidas e creo que bastante céntrico.
maraton.larioja.com/