Mar, 13 Mai 2025, 20:29
Asunto: Re: 10K Mazaricos, Correndo pola costa da morte
Ainda que este ano non me apuntei o circuito, a esta carreira si que fun, xa que é a que me queda máis cerquiña da casa, a so 20 minutos.
Alá que nos fumos un nutrido grupo de corredores do noso clube, mañán fresquiña cando chegamos.
Cando escomencei a quentar, notei unha tirantez no xemelo esquerdo, polo que decidín ser precavido, saindo de moi atrás e os 4 primeiros kms. suaves, xa que notaba unha molestia, despois foi pasando, pero xa chegaban os kms. máis duros e ahí collín o foreiro litho e andivemos a sobrepasarnos varias veces, pero na costa final, doume un hachazo e deixoume atrás.
Ainda que non chegou os 10 Kms. por pouco, quedei moi contento co tempo neto de 44'45".
Hoxe fixen 12 kms. suaviños e sen molestia ningunha, tamén é certo que aproveitei que habia servizo de fisio o rematar a carreira e descargoume ben o xemelo.