Foros ›
I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
150 Carreiras
43 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Mar 2025, 18:18
Asunto: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

O primeiro domingo de maio A Baña vai celebrar a primeira edición dunha carreira pedestre, sumando outra cita ó calendario co seu trail de outono. Vai contar cun percorrido de 5km en dúas distancias: 1 volta para a 5k e dúas voltas para a distancia 10k.

A inscrición vale 7€ e tamén hai distancias para os máis pequenos. Se alguén está interesado en anotarse e quere coñecer un pouco mellor o percorrido, deixo o track de Wikiloc (típico sube-baixa con momentos de agonía e outros de dar zapatilla): es.wikiloc.com/rutas-c...-206650979
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
505 Carreiras
3839 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Mar 2025, 19:14
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Polo perfil que pos parece durecha, entendo que é todo por asfalto, non descarto apoiar esta nova carreira e ir.
Ainda que ese finde hai outra carreira que non fixen nunca, xa que vai pola 3ª edición e tamén é tentadora, pero a da Baña quedame moito máis cerca e a metade de distancia en Kms.
A ver se a xente se anima e participa.
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
324 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Mar 2025, 12:43
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Primeira edición da carreira do meu concello, non vai ser para facer marca por que ten unhas cotiñas, pero vai ser entretenida. Aber se animan as inscriciós.
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
324 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2025, 14:08
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Ultimos dias para inscribirse. Aber se co arreón de ultima hora chegáramos polo menos os 100 inscritos no 10.
Para o ano mellorar algunha cousiña, pare darlle continuidade
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
161 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Abr 2025, 18:15
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

É un día algo complicado se tes comida celebración polo día da nai e non vives preto da carreira
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
150 Carreiras
43 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Mai 2025, 6:22
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Moitas gracias a todos os que asomaron pola Baña onte! Ó final 300 inscritos entre adultos e pequerrechos, e ata tivemos sorte co día que fixo. Non creo que ninguén viñera a buscar marca neste percorrido, eu xa avisara do perfil en Wikiloc... que inda houbo quen suxeriu de rebautizar a proba como "A 'llana' da Baña" Moi feliz

Agardemos que sexa a primeira edición de moitas e a ver se para a próxima cadra mellor no calendario de carreiras e compromisos familiares!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos