Ven, 18 Abr 2025, 10:30
Asunto: +10k Marín
XII EDICIÓN. +10k Marín Manuel Rosales.
DATA: Sábado, 26 de XULLO de 2025.
HORA: 20:30 - Probas escolares / 22:00 - 10Km.
LUGAR DA SAÍDA:
Avenida de Ourense - Estación de Autobuses.
LUGAR DA META: Rúa Almuiña.
DISTANCIA: 10.000m. Homologado.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 20 de xullo ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
www.emesports.es
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
650 absolutos - 400 escolares
XII Edición 2025
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Sábado, 26 xullo de 2025 , “+10 MARÍN - MANUEL ROSALES”. A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda - Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Rúa Almuiña (Alameda de Marín) e as categorías escolares terán que estar no punto da saída as 20:30.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10 Km, homologado pola RFEA e totalmente planos, sen desniveis.
1.- CATEGORÍAS E DISTANCIAS.
- As categorías Biberóns, Pitufos, Prebenxamín, Benxamín e Alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
1.a) CATEGORÍA MENORES:
▪ 20:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m aprox. (2008-2009).
▪ 20:40, Carreira Cadete/sub. 16 - 1000m aprox. (2010 - 2011).
▪ 20:40, Carreira Inclusiva - 1000m aprox.
▪ 20:50, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2012 - 2013).
▪ 21:00, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2014 - 2015).
▪ 21:10, Carreira Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2016 – 2017).
▪ 21:20, Carreira Prebenxamín - 300m aprox. (2018 - 2019).
▪ 21:30, Carreira Pitufos - 150m aprox. (2020 – 2021 - 2022).
▪ 21:40, Carreira biberóns (100 metros) (2023 – 2024 - 2025).
1.b) CATEGORÍA ABSOLUTA: SAÍDA: 22:00.
- Sub 20/23: Nados desde 2003 ata o 2009.
- Sénior: 2002 ata 34 anos..
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
Categoría inclusiva:
Habera unha categoría para atletas con discapacidade.
Será unha categoría única, unha para as probas escolares e outra para a categoría absoluta. Haberá trofeo para o primeiro clasificado e trofeo para a primeira clasificada da categoría.
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización por correo electrónico (milerunningclub@gmail.com), se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Opción A: Os participantes a esta categoría farán o percorrido da categoría sub 18-sub 16..
1º clasificado e 1ª clasificada.
Opción B: Os participantes a esta categoría faran o percorrido de 10k.
1º clasificado e 1ª clasificada.
*(Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
*Os atletas Xuvenil/Sub 18 so poderán participar na carreira absoluta por invitación da organización, entrando a participar na categoría (Sub 20/23), poñéndose en contacto con esta por correo milerunningclub @ gmail.com.
2.- SERVIZOS O DEPORTISTA:
- Circuíto homologado.
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento líquido (durante o percorrido).
- Avituallamento líquido e sólido o rematala proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas (Polideportivo do A CAÑOTA).
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Cervexa o finalizar a proba.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en
www.emesports.es
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia.
- Servizo de gardería.
3.- INSCRICIÓNS E PRAZOS.
3a) Proba absoluta:
1º Prazo: - Ten un custe de 10 € a través de
www.emesports.es ata o 13 de xullo ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na Alameda de Marín.
2º prazo: - Ten un custe de 15 € a través de
www.emesports.es ata o 20 de xullo ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira na Alameda de Marín.
3b) Menores:
A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o 23 de xullo en
www.emesports.es
OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN
Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas
Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales e a fecha límite sería ata o 25 de maio as 23:59 horas.
Carmiña/10Km Marín o prezo sería de 18€.
MiniCarmiña/10Km Marín o prezo sería de 15€.
Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA-10K MARÍN terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.
*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).
CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN
Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.
O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en
www.emesports.es , tendo que facer a inscrición antes do 13 de xullo as 23.59 h, a partir do 14 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
PUNTOS DE RECOLLIDA.
- Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.
- Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 13 de xullo.
- Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.
- O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.
VIGO: Bikila Vigo.
OURENSE: Runmaniak.
LUGO: Ndorfina Sports.
A CORUÑA: - Marathon Running Shop
- Decathlon Santiago.
4.- RECOLLIDA DE DORSAIS:
4.1.- Inscricións anteriores a o 13 de xullo.
- Tenda MILER (horario comercial), rúa Peregrina 6, sótano, Pontevedra, o martes, 22 de xullo de 17:00 a 20:00 e mércores 23 e xoves 24 de xullo de 2025 de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.
- Ou o sábado, 26 de xullo de 2025, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.
4.2.- Resto de inscritos.
- O sábado, 26 de xullo de 2025, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.
4.3.- PUNTOS DE RECOLLIDA: Os corredores que decidan esta opción non terán opción de recollelo o propio día da proba.
Recollida: martes 22 de xullo ata o sábado 26 de xullo en horario comercial.
5.- CIRCUÍTO.
5a) 10k HOMOLOGADOS
Avenida de Ourense – Escola Naval Militar – Avenida de Ourense - Avenida de Marín - Avenida de Ourense - Avenida Exercito e Marina – Rúa Secundino Lorenzo - Rúa Serafín Tobío – Av de Ourense – Avenida de Marín - Avenida de Ourense - Avenida Exercito e Marina - Rúa Secundino Lorenzo - Rúa Serafín Tobío - Rúa Almuíña.
10KM.
Perfil da proba.
5b) CIRCUÍTO CATEGORÍA ESCOLAR.
· 20:40: Carreira Xuvenil /sub 18; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:40: Carreira Cadete /sub 16; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:50: Carreira Xuvenil /sub 14; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:50: Carreira Infantil /sub 14; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 21:00: Carreira Alevín /sub 12; 500m aprox. 1 volta.
· 21:10: Carreira Benxamín /sub 10; 500m aprox. 1 volta.
· 21:20: Carreira Pre-Benxamín / sub 8; 300m aprox. 1/2 volta.
· 21:30: Carreira Pitufos / sub 6; 120m aprox.
· 21:40: Carreira Biberóns. 80m aprox.
HORARIO:
· 20:40: Carreira Xuvenil /sub 18; 2008 – 2009; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:40: Carreira Cadete /sub 16; 2010 – 2011; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:40: Carreira Inclusiva; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 20:50: Carreira Infantil /sub 14; 2012 – 2013; 1.000m aprox. 2V x 500m.
· 21:00: Carreira Alevín /sub 12; 2014 – 2015; 500m aprox. 1 volta.
· 21:10: Carreira Benxamín /sub 10; 2016 – 2017; 500m aprox. 1 volta.
· 21:20: Carreira Pre-Benxamín / sub 8; 2018 – 2019; 300m aprox. 1/2 volta.
· 21:30: Carreira Pitufos / sub 6; 2020 – 2021 - 2022; 120m aprox.
· 21:40: Carreira Biberóns / sub 3; 2023 – 2024 - 2025; 80m aprox.
6.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas.
7.- ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “Infantil” - “Cadete´´ - “Xuvenil”. Nas carreiras “Alevín – Benxamín” – “Prebenxamin - Pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
8.- CANCELACIÓNS
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolvera o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 6 de xullo (incluído) e enviada a milerunningclub @ gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.
9.- NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Toda a proba estará controlada dun Chip que se entregará a cada corredor.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
10.- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
11.- RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
12.- RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais
13.- LOPD
- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
14.- COMPROMISO.
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
15.- CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
16.- CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.
17.- PARA MAIS INFORMACIÓN.
- Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub @ gmail.com