Foros ›
XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Abr 2025, 16:44
Asunto: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Coma fan sempre nesta carreira, moita antelación na apertura das inscripcións, que abriron hoxe a un prezo de só 5€ para os 100 primeiros (xa esgotados) e ata o día 20 de abril so 6€, despois vai aumentando progresivamente a cuantía pero remata cuns máis que económicos 10€ o día 09 de setembro. Eu xa me inscribín ca idea de asistir, xa a corrín en 4 ocasións e ainda que é durecha é unha carreira preciosa.
Como é un sábado pola tarde, sempre se pode ir pasar o día pola zona e regresar pola noite, eu como teño familia alí xa vou de venres a domingo.

ccnorte.com/evento/det...-catedrais

mediamaratonascatedrai...badeo.org/
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
975 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Abr 2025, 18:54
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Me fijé en el reglamento y los dorsales los dan el día 13. El mismo día de la carrera no¿? Gracias de antemano
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Abr 2025, 7:19
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

AJACAST escribió:
Me fijé en el reglamento y los dorsales los dan el día 13. El mismo día de la carrera no¿? Gracias de antemano
Efectivamente, eu as veces que corrín xa fun recollelo polo mañán.
Sacado do regulamento:
"A retirada de dorsais será o sábado 13 de setembro de 11:15 a 13:00 e de 15:00 a16:45 horas na casa do Concello de Ribadeo"

Parece que estamos aproveitando para inscribirnos a un prezo moi económico, xa somos 231, continuando a cuota de 6€ ata o domingo 20 a noite.
Saudos.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
202 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Abr 2025, 7:25
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Eu nunca corrín esta é si que me apetece pero agardarei a última hora no caso de ir. Ben é certo que 10 euros é un prezo moi bo para unha media.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Xul 2025, 20:06
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Estaba mirando as carreiras en Championchip e gratamente sorprendido co nº de inscritos, nestes momentos, xa somos 813 a 44 días, un grandísimo número faltando tanto.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Set 2025, 20:34
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Pois estamos a só 43 horas da celebración desta media, con record de inscritos 1076, cos dorsais asignados en championchipnorte e con previsión de bo tempo para o sábado.
Tentarei dentro do posible disfrutar da carreira, xa que o percorrido, como sabemos é traicionero e non debemos cebarnos nos primeiros kms, que se non pagase o final.
Saudos.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
975 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Set 2025, 9:49
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Desde 2017 que no vuelvo a Ribadeo... ya tocaba. A disfrutar de esta media bonita como pocas. Ánimo a los que vayáis!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
511 Carreiras
3862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Set 2025, 11:15
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Rematada esta dura media maratón, que onte ainda se fixo moito máis dura polo desmedido calor que tivemos, sobre 27º e con vento nalgúns tramos. Eu ademáis rematei de comer bastante tarde e en exceso, polo que levei unha pelota no estómago ata o Km 15.
Unha das medias maratóns máis bonitas por percorrido que temos, pero onte, fixose moi dura, antes de chegar o Km 10 déronme gañas de parar, pero pouco a pouco seguín correndo e eso ca tentación era moita, xa que moitos corredores camiñando o longo de todo o percorrido, sobre todo nas subidas, por sorte sobre o Km 13 empezou a cubrirse o sol, facéndose máis levadeira a penitencia.
Rematando en 1h49' no posto 183 de 745 que rematamos. Agora toca agardar pola media de Pontevedra para por fin correr unha media corrible e integra por asfalto, xa que as 3 anteriores que fixen foron por 3 camiños de Santiago e con moita dureza tamén.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
327 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Dom, 14 Set 2025, 18:18
Asunto: Re: XI M. MARATON RIBADEO/AS CATEDRAIS . 13/09

Pois eu cando cheguei a meta estiven buscando a xente que correra máis anos (esta foi a miña 3ª vez nas Catedrais) a ver se fora cousa miña ou foi moito máis dura do habitual (que xa é bastante). Despois, pouco a pouco, fun confirmando que este ano foi especialmente salvaxe Sorriso Corraboro o que dis (Kurty), o de pensar en parar no km 10 e botarme atrás porque total había que chegar igual ás Catedráis...
Eu fixen 4 minutos máis que ano pasado, pero quedei 4 posicións mellor (creo que xa só eso é significativo), do 18º ó 14º. Tamén me fixei que este ano o tempo do primeiro foi uns 3 min peor que o do ano pasado, ou que a rapaza que gañou o ano pasado tivo que abandoar (non sei se foi pola dureza, pero os primeiros km vinna ben).
Creo que o calor, sumado ó vento, fixeron a combinación perfecta para facernos a vida imposible onte.

Eu nesta media sufro tanto que sempre a remato dicindo que non volvo. Así que, ata o ano que vén, supoño Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos