Xov, 11 Set 2025, 19:57
Asunto: Re: Maratón de Valencia 7/12/2025
Graciñas polas pistas Xertiz. O de ir en tren xa o tiña en mente (no meu caso dende Vigo),
O tema é que ao estar pendente de se quedo con xente, as opcións van indo a menos -xa hai trens cheos-. No caso do tema do aloxamento, non se me dera por mirar en AirBnB. Fixen ben en preguntar por aquí
Unha pena que a xente que coñezo xa teña amañado (agás un que está pensando en non ir, polo tema dos voos cancelados) porque ao ser un só resulta máis caro, aparte de facerse a viaxe bastante máis pesada. Sigo tocando en varias portas, a ver se hai sorte. Se non, ao mellor paso de todo e uso a inscrición deste ano a "fondo perdido" para garantir a posible inscrición do ano que ven.
Ao final, no caso de ir, vaime sair máis cara a broma co dorsal gratis (polo tema dos extras) que se o collese ao principio!
Every new beginning comes from some other beginning's end.