Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4287 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Xan 2025, 10:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

www.lavozdegalicia.es/...497415.htm

Para que no creas que he perdido perspectiva, te mando el link más interesante de la prensa seria a día de hoy. Ahora, no sólo NO les puedo dar patadas si me atacan en medio de mi entreno, sino que los veo en el Corte Inglés, en Carrefour y hasta los bendicen.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 18 Xan 2025, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2025/01/17/abarrote-bendicion-mascotas-orden-tercera-coruna/00031737145958159497415.htm

Para que no creas que he perdido perspectiva, te mando el link más interesante de la prensa seria a día de hoy. Ahora, no sólo NO les puedo dar patadas si me atacan en medio de mi entreno, sino que los veo en el Corte Inglés, en Carrefour y hasta los bendicen.

E eu que pensaba que o do "San Antoniño do porco" era cousa doutros tempos, de cando a xente bendecía ao gando para asegurar uns bos chourizos na matanza. Pero xa vexo que en La Coru a xente segue sendo a punta da onda da vangarda. Menos mal que te temos a tí na Resistencia Sorriso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 01 Feb 2025, 20:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : Unha luz ao final do túnel ?

Ano novo, resonancia nova, traumatólogo novo. Así podería resumir o mes de xaneiro que ven de rematar.

Segundo esta persoa, gaña na balanza a lesión do menisco "con flap" a calquera indicio de artrose. Tamén é da firme opinión que unha persoa afeita a un determinado nivel de actividade física perde máis de saúde parando de todo, e que polo tanto o obxectivo e recuperar canto antes ese nivel de actividade física.

Tamén dixo que é certo que unha operación de menisco por riba dos 40 anos perde eficacia, pero que hai que intentalo.

Así que xa hai veredicto e fumata branca: Vanme facer unha artroscopia.

Non teño data aínda. Supoño que terei que ir a meter presión para que non se demoren moito. Pero polo menos xa hai unha meta cara á que ir .

No meu entorno cercano de familia e amistades teño varias persoas do ramo da sanidade, e algunha delas xa me ten dito que operarse non sirve de nada. Pero eu penso firmemente que peor que agora non vou poder estar.

Así que confío en que isto dea un mínimo de resultado. Xa non pido estar como antes da lesión. Xa me abondaría con poder conducir o coche un par de horas e non quedar coxa, ou con durmir unha noite na que a dor do xeonllo non me desperte por ter dobrado a perna sen decatarme.

Pero de momento toca esperar, e seguir facendo exercicios de parvuliños no ximnasio.

Seguirei informando.

Saúde e kilómetros para os que seguides en activo
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4287 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Feb 2025, 11:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ya irás contando. Los meniscos que yo conozco, que son dos, han dado bastante buen resultado. Bien es cierto que no se dedican a correr. Pero les ha ido en general a mejor. Tú no descuides los refuerzos de penca. Yo ya los tengo en la con mucha más importancia que todo lo demás. Ánimo y forza.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 06 Feb 2025, 19:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Ya irás contando. Los meniscos que yo conozco, que son dos, han dado bastante buen resultado. Bien es cierto que no se dedican a correr. Pero les ha ido en general a mejor. Tú no descuides los refuerzos de penca. Yo ya los tengo en la con mucha más importancia que todo lo demás. Ánimo y forza.

Xa hai data para a operación : 17 de febreiro. Queda por diante unha semana movida, entre o preoperatorio e o ximnasio de reforzo.

Poño velas e cruzo os dedos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Feb 2025, 16:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Unha luz ao final do túnel ? Capítulo II "

Este pasado luns foi por fin a artroscopia. Todo moi rápido, e ata o momento bastante indoloro (certo que me estou a tomar Paracetamol 1 g cada 8 horas , e todo axuda). Xa nunca tiven un estilo moi glamuroso, pero desde logo andando coas muletas por casa parezo moito máis toupa aínda.
De momento o informe médico dí que a lesión do menisco interno dereito era dexenerativa ( esgazado pola vellez e o uso) polo tanto imposible reconstruir ou coser nada .O que se fixo foi cortar e limpar, e de paso limar un callo (osteofito) do extremo da tibia ( ou no sei se era do fémur)... O caso é que a artrose atopada é de grao II ( e non grao III como me dixeron en decembro na otra consulta). Este traumatólogo que me leva agora irradia optimismo , falou desa artrose grao II quitándolle importancia, e dando a entender que agora que se limpou todo o que estaba roto, pouco a pouco podo ir pensando en retomar unha vida activa.
Cando lle comentei isto ás compañeiras do Carma Feminino , todo foron alegrías , e algunha incluso volveu falar dos plans que tiñamos de ir en equipo á Behobia ... Eu sigo aquí coas pernas estiradas no sofá tocando madeira, procurando deixarme coidar (aínda que ás vellas de aldea coma mín iso cóstanos un mundo). Sentidiño.
Primeiro agardar ao que me digan na revisión do vindeiro día 27.
E despois, xa iremos vendo . A consigna de momento segue a ser "peor do que estaba, non vou quedar".

(Continuará )
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4287 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Feb 2025, 18:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Noraboa Meiga. A hacer los deberes ahora.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
509 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 03 Mar 2025, 19:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Hola Meiga. Mucho tiempo llevaba sin pasarme por aquí. Espero que vayas mejorando, como mínimo para hacer una vida normal.
Sólo una reflexión, permíteme, seguro que eres una persona juiciosa y no hace falta, pero... artrosis... casi sin menisco... ¿Behobia?
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 04 Mar 2025, 21:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pollastre escribió:
Hola Meiga. Mucho tiempo llevaba sin pasarme por aquí. Espero que vayas mejorando, como mínimo para hacer una vida normal.
Sólo una reflexión, permíteme, seguro que eres una persona juiciosa y no hace falta, pero... artrosis... casi sin menisco... ¿Behobia?
Que alegría que veñas por este furancho despois de tanto tempo, Pollastre! . Espero que sigas en activo.

O de falar de Behobia é cousa das compañeiras de equipo, que son moi optimistas e véñense arriba de contado con calquera boa noticia .
Eu con poder sachar na horta, poder conducir dúas horas seguidas e volver a trotar algo, xa me vale... Pero tamén te digo que o xoves pasado, na primeira revisión co traumatólogo, insistiu en que debo de volver canto antes á vida activa, e moi convencido de que poderei volver a correr máis ou menos como antes, e sacándolle importancia ao da artrose de grao II, que segundo él é o que ten toda a xente da miña idade, e que non ten que supoñer un impedimento... Espero que non se equivoque.
De momento vou recuperando movilidade, e parece que o líquido da articulación vai desaparecendo ( aínda moi lentamente) sen ter que tomar antiinflamatorios. Ata me dou o corpo para cociñar orellas e filloas estes días ( debería contar como exercicio de resistencia e fondo)
O día 20 teño revisión outra vez.
Xa vos direi como vai a cousa entón.
Mentras, saúde e filloas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3275 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 29 Abr 2025, 21:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Unha luz ao final do túnel ? Capítulo III"

Case dous meses e medio despois da operación do menisco, toca ir actualizando.
Todo se pode resumir en que estou nas mans dun médico optimista de máis, e dun fisio prudente que axuda a ir guiando todo como debe. Xa quedan lonxe os momentos de medio recaída e parches de xeo. Por fin me vexo progresar en liña recta. Aínda me quedan sesións de rehabilitación ata case o mes de xuño, pero xa me mandan facer sentadillas e exercicios algo máis esixentes. E o máis importante: Teño permiso para comezar a trotar Aplauso Pouca cousa, series de 1 minuto andando , 1 minuto correndo durante non máis de 15 minutos. Despois de ano e medio onte volvín poñer o Garmin en modo "carreira", 14 minutos, nos que escasamente fixen 1 km na peceira da favela. Sen molestias.
Pouco a pouco imos volvendo á vida .
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4287 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Mai 2025, 17:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Estás haciendo cacos, se le llama, no? CAminar-COrrer. Me alegro mucho Meiga. Ese túnel es largo pero tiene un final. Espero verte funcionando en nada.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos