| Pepemanba escribió: | 
| Levo os últimos meses co reto (teima, tolemia, obsesión...) de intentar percorrer os 313 concellos galegos en carreiras de todo tipo. Como San Silvestre é unha das datas sinaladas na que máis concellos organizan unha carreira, sirva este tema para recopilar as que van saíndo durante este 2024. | 
  | Jorjum escribió: | 
Interesante reto, gustaríame saber cantos concellos levas.    Pareceme moi interesante, pero vexo imposible por moitos motivos. O primeiro é que posiblemente nalgúns concellos non se fagan carreiras, alo menos non de maneira habitual.  | 
| Jorjum escribió: | 
| Para non sairnos do fío, espero que de aquí a decembro vaian aumentando as carreiras Pedestres. Son poucas de momento as confirmadas. | 
| miguelanxo escribió: | 
| Moita sorte co reto!! Eu, de rebote e sen pretendelo, desde que empecei alá polo 2007, levo un bo feixe de concellos entre probas de atletismo, ciclismo, andainas e duatlón  | 
 | Keka77 escribió: | 
| Boas Alguén sabe o percorrido da carreira de Papa Noel que se vai a celebrar o vindeiro 22 de decembro en Santiago. Graciñas  |