Mér, 07 Mai 2008, 10:37
Asunto: KEDADA-ADESTRAMENTO GEIRA/AQUILIANOS. CUROTA 30 KMS.
O 18 de maio, como xa tiñamos falado e ca intención de facer o adestramento longo tanto para a Geira como para Aquilianos, imos facer este percorrido de 30 kms aprox.
A saída e chegada vai estar situada no primeiro mirador da Curota, no mirador de Valle-Inclán.
A dificultade técnica e baixa, practicamente o cen por cen do camiño esta en moi bó estado.
O desnivel, ainda que existe, non é moito. Os primeiros 4 kms son fáciles, e os 6 kms siguintes incluso costa abaixo. O chegar o cruce da Enxa, subimos unha costa de 1,5 kms con bastante desnivel, unha baixada de 200 mts. e voltamos a subir 1 km. Imos ir cresteando polo parque eólico ata o cumio do Barbanza e a continuación temos unha baixada de 4 kms. moi tendida.
De novo voltamos a estar no cruce da Enxa e volvemos polo mesmo sitio. Estes primeiros 6 kms. son unha continua subida, moi tendida, pero subida. Os 4 últimos son fáciles.
Polo tanto, un circuito de montaña asumible, sempre tendo en conta que estamos a falar de monte, donde a maior dificultade vai ser a distancia.
A hora a imor poñer para a semana, vai depender do tempo, sobre todo da calor que poida facer.
Abro lista.
Castiñeiras.