Mar, 30 Ago 2022, 8:48
Asunto: Re: Maratón Atlántica Coruña 42 (2/10/2022)
Eu, persoalmente, non creo que volva a preparar unha maratón en verán. O calor pode conmigo. Non son de madrugar demasiado nin de correr de noite. Prefiro poder saír a correr ás 18 pola semana con fresquito en inverno, ou saír a facer unha tirada de 2 horas ás 10 ainda que sexa con choiva, que non estar pendente de rematar ás 12 con 30 graos, deshidratado, e sufrindo os últimos km, xa non para manter un ritmo, senón para acabar a tirada...
Se manteñen a data en vindeiros anos, quizais me plantexe estar na liña de saída para facer bulto (sobre todo se seguen coa feliz iniciativa da gratuidade no caso de ter corrido MM e 10k), pero a min persoalmente amargoume algo o verán e xa non só pola festa o posibles escapaditas/viaxes (de feito ata tiven a mala sorte de estar con Covid...), senón por estar pensando día si e día tamén que nalgún momento tocaba saír a fora a cocerse e a sufrir

Tamén hai que ter en conta que este ano foi vaga tras vaga (de calor).
Pero en fin, agora a apechugar un par de semanas, e antes dun mes xa comezamos coa "descarga", e despois a "disfrutar" deses 42,195. O importante é que siga habendo maratón en Galicia!