Dom, 09 Mai 2021, 15:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Anda a páxina medio bloqueada desde a mércores pasado.
Escribo isto sen saber moi ben se vai quedar rexistrado.
Pouco que contar desta semana, de todos xeitos:
- Táboas de exercicios : 0
- Andainas: 2, de aproximadamente 3 km, aproveitando recados no centro, pero que borrei do Strava, en lugar de rexistralas
- Trotes : 1, este domingo pola mañá. Como Nair hoxe non podía vir, prometían entrenar polas dúas, e decidín facer o meu particular "test de favela". É dicir, probar sensacións e resultados no archicoñecido e archipateado circuíto de Chapela, onde con só mirar o tempo global xa sei como vou de forma.
Estando como estou afeita a facer só 5 a 7 km, non deixaba de ser un reto isto de facer 9, sen paradas, todo para adiante e probando resistencia.
Pensei que me levaría polo menos 55 minutos.
Costou, sudei, pero rematei en 51 minutos, a un ritmo medio de 5:45, algunhas subidas case a 7, e algunhas baixadas a 4:45. Nas pouquiñas zonas de "llaneo", a 5:15 ou 5:30
En fin, tendo en conta que o xeonllo non se queixou en ningún momento (só os pulmóns), e que horas despois todo segue no seu sitio, dou o test por aprobado.
Comparto casa cunha filla deportista retirada por lesión, que lle gusta exercer de voz da conciencia e dime que non me veña moi arriba.
Por outra banda, o mércores pasado a físio encontrou todo ben, e non me manda volver ata xullo, so por dar un repaso.
Así que imos saborear de momento este "termo medio"