Dom, 22 Dec 2019, 23:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no taller)
Por fin!!
Levaba un par de días tratando de entrar na páxina e revisar os demais diarios resto de novas de interese, pero non daba pasado da portada.
Agora que xa esconxuraron ós trasgos informáticos, paso a actualizar este curruncho.
Levo xa máis de un mes parada (35 días exactamente) A idea era facer todos os días a táboa de pesas e flexions que me pasara Jota, xunto cos exercicios de glúteos e abdominais, engadindo a bici estática, polo menos en días alternos. Pero todo xunto lévame unha hora máis os estiramentos. Así que dependendo como vaia o horario laboral ou doméstico a cousa vai adiante ou non. Costa afacerse a esta nova rutina.
Por outra banda a delicada maquinaria do meu estado de saúde parece resentirse por diversos puntos pola falta carreira: O ritmo de sono, a circulación e as varices, a actividade intestinal, e sobre todo a xestión do estrés.
Este venres fixeronme a resonancia : nunca pensei que había que aturar tanto ruido, menos mal que foron so 15 minutos e con medio corpo fora do túnel.
O caso é que non me dan os resultados ata o día 26, xusto antes da consulta co traumatologo do seguro ( que ía ser en xaneiro pero poideron adiantala).
Achégase a hora da verdade.
Xa que hoxe non me tocou o gordo, polo menos que se me cumpla o de ter saúde.