Dom, 17 Nov 2019, 23:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela : XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO 2019
Esta semana 4 da Operación Sanmartiño comezou da peor maneira. A perna esquerda bastante perxudicada despois da saída do domingo. Jota aconsellou anular as sesións de ximnasio desta semana e da seguinte. A fisio mandou ir pedindo xa vez en traumatoloxía. O xoves cedo probei a facer en casa bici estática, pesas e abdominais, e a cousa parecía que ía ben.
Así que cando o venres saiu algo o sol, doume por ir a Chapela e probar sensacións. Ata o km 4 non foron nada boas, pero logo xa en quente non houbo molestias e os ritmos parecían aceptables.
O problema foi ó día seguinte, coa inflamación do xeonllo esquerdo no seu punto máximo ata a esa data... Pero como somos así de tol@s e teimud@s, puxen unha rodilleira, fixen a equipaxe e marchei cara Ourense igual, e xa vería sobre a marcha se ir correr ou non o domingo.
Hoxe pola mañá, despois do descanso da noite, sesións de xeo,estiramentos, calor, e cuns parches de lidocaína, decidín sair de casa e arriscarme.
Poncho de plástico por se volvía a diluviar, andando e non correndo , por non esbarar en ningunha lameira.
Púxenme a quentar na espiral habitual das dúas rotondas entre o Pavillón dos Remedios e a Ponte do Milenio. A perna esquerda seguía dando a lata. Sobre as 10:30 as sesións fotográficas. Ó final a Carmafoto non foi posible por falta de fotógrafo, e na Fotokedada do Foro faltaron bastantes dos habituais, aínda que polo menos dou para saúdar a
Anpefi , Lourdes e algúns máis.
Por fín a saída, a hora da verdade, e sorprendentemente desapareceu toda molestia, e a carreira foi avanzando tal e como a tiña imaxinado semanas atrás, coma unha seda, sen pasalo mal. Certo que no km 8 os dedos do pé dereito comezaron a discutir coa zapatilla aínda sen domesticar de todo, e que a costa de Francisca Herrera sempre se atraganta un pouco, pero todo foi indo.
A sorpresa do último km foi ser alcanzada por
Aurora, que sempre me deixa atrás no primeiro . Unha sorte ir xuntas, apretando, adiantando incluso algún posto, ata cruzar o arco de meta en 54:07.
Iso viña sendo para min un tempo neto de 53:17. Non o sub 53 que eu buscaba, pero sempre están as estadísticas para consolar e levantar os ánimos: 38 segundos menos que na carreira do Berbés e un recorte de 1:08 minutos ó tempo do ano pasado.
Posto 1832 de 2934 persoas chegadas a meta
Posto 175 de 644 na xeral feminina
Posto 9 de 24 veteranas de 55 a 60 anos
Visto como estaban as cousas onte, hai que dicir que isto é unha miragre máis do San Martiño. Nunca hai que perder a fe e a devoción.
De momento contenta e celebrando.
Mañá tocará cambiar a condición de romeira a penitente, pedir cita en traumatoloxía e cruzar os dedos.
Pero ninguén me vai quitar o bailado e corrido no día de hoxe