 
             
          
             Ven, 07 Xuñ 2019, 17:50
          
          
            Ven, 07 Xuñ 2019, 17:50            
            Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
          
          
          Resumo da fin de semana do 1 e 2 de xuño de 2019
Tres carreiras con presencia de persoas do noso equipo houbo na fin de semana pasada
10ª Marcha Solidaria 700 Camisetas contra a Leucemia
franoterosal e 
Jorge.L. como auxiliares da "joillette" de 
Anxo, e 
Aurora, 
Chancletas, 
moterodeseco e 
Isaakfer como participantes, levaron o espíritu CARMA a esta solidaria carreira. Foron 33 km en aproximadamente 4h25' para Anxo.
Como nos dixo algunha das persoas participantes: unha experiencia para repetir e repetir.
"Marcha «700 camisetas contra la leucemia». 35 kilometros entre Vigo e Pontevedra que percorre parte do camiño Portugués o seu paso Por Vigo, Redondela, Pontesampaio, Arcade…
Unha marcha (négome a chamarlle carreira) que se pode facer camiñando, correndo ou facendo un mix de camiñar e correr que é o que fixemos nos tanto este como o ano pasado. Encántame esta filosofía, sen tempos, sen chips, sen clasificacións e caracter solidario.
Serei da partida sempre que poida e agardo que ca mesma xente."
Chancletas
VII Carreira Popular “Festa da Cereixa” de Beade
Distancias de 5 e 10 quilómetros, unha e dúas voltas repesctivamente, por un circuíto rompepernas. Ademais este ano celebrouse o sábado ás 17h, polo que as condicións foron moi complicadas. En total, 9 nécoras na carreira (
luciernaga foi baixa por lesión):
5 km
13º 
Karames 21:18 Só había categoría absoluta.
10 km
29º   
carioco 40:28 7º categoría
34º   
Beauvais 41:13 9º categoría
39º   
Miguel Freire 42:06 16º categoría
44º   
Cristian Valencia 43:29 12º categoría
96º   
moterodeseco 49:55 32º categoría
118º 
JAGC 53:02 7º categoría
136º 
Meigalicix 57:57 7º categoría
145º 
Montxo 1h 00:57 9º categoría
Podedes atopar as minicrónicas de 
Meigalicix, 
JAGC e 
Beauvais na ligazón que hai ao final da mensaxe. Non volas perdades  
 GMTA – Aldeas do Courel
 
GMTA – Aldeas do Courel
Nesta carreira foron 5 os compañeiros que estiveron no Folgoso do Courel. Tiveron os seguintes resultados:
24     
Txema  2:01:19
41     
Canido 2:10:24
59     
Fonvigo 2:17:10
156   
quini 3:17:59
157   
Ana 3:17:59
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: 
Minicrónicas da fin de semana do 1 e 2 de xuño.