Ven, 22 Mar 2019, 11:54
Asunto: Re: Trail Series 2019 - PORTUS APOSTOLI - NOIA (7/4/2019)
Distancia: 16,8 km.
Desnivel+: 670 m+
Hora saída: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:20 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Meta volante: km. 1,9
Lugar de saída: praza do Concello - Noia
Inscricións: 18/2/2019 - 3/4/2019 en
www.trailseries.run
Unha das novidades dentro do Trail Series 2019 cun percorrido para non deixar indiferente a ninguén: a ruta Portus Apostoli. Que une a capital da ría de Muros-Noia con Compostela, e antiga senda de peregrinación para os que chegaban en barco.
Saída dende o mesmo centro da Vila de Noia, cun percorrido pola súa rúa principal ata penetrarse no monte de San Marcos e as ruínas da súa capela. De aí a San Paio e San Xusto, para penetrarnos no río que leva o seu nome polo Mosteiro de Toxosoutos, e a espectacular Fervenza de Toxosoutos.
A senda do río levaranos por un percorrido máxico entre as antigas ruínas das fábricas de papel que séculos atrás asentáronse na zona. O percorrido por monte rematará na Ponte de Traba, dando entrada á Vila de Noia polo empedrado do casco histórico que nos retornará ao lugar de saída.