Lun, 25 Mar 2019, 14:33
Asunto: Re: Meia Maratona de Braga 2019
Estou gafado, caseque non saio dunha e xa me meto noutra lesión.
Onte en Braga, papamos un calor abafante, 26º cando rematamos, o cal casou estragos nos corredores, cantidade deles andando.
Eu contaba que tiña algunhas costas, pero tiña un montón delas, e encima o percorrido é basicamente por unhas avenidas longuisimas, con 0 sombra no percorrido, salvo nos varios túneles que tivemos que pasar.
Menos xente que nas edicións anteriores, non chegamos a 900 os que rematamos (houbo uns cantos abandonos por golpes de calor).
De saida, obxetivo disfrutar da media, pero xa ao empezar subidiñas, baixadas, perfil "pestoso" e no Km4, empezaron as molestias no sóleo, pero esta vez na outra perna (a mesma sintomatoloxía e concentrado no mesmos sitio), un pouco antes do Km7 empeza unha longa subida e con bastante desnivel que dura caseque ata o Km10, (conforme avanzaban os Kms. a dor iba a máis, no Km9 tiven que parar a estirar.) E no 10 había un punto de atención médica, rocianme a zona con reflex ou similar, e parece que me vai mitigando a dor, pero xa vou fatal o resto da carreira (tería que ter abandonado). Sendo unha constante ata o final os cambios de perfil e sufrindo a calor do mediodía portugués.
Así que con máis pena que gloria rematei a media .
A organización de luxo, con todos os servicios posibles, pero creo que non é unha media recomendable por perfil, ainda que creo que a percepción da mesma pode estar influida por os outros factores que son o calor excesivo e a lesión.
A ver canto me toca estar parado desta vez.