Dom, 17 Feb 2019, 23:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Domingo (17 de febreiro)
Único test antes da maratón VigBay, e sen un obxectivo claro, pois non sabía moi ben como estaba. A idea sería chegar aos últimos quilómetros en tempo para igualar a miña marca (1h19'42") e logo ver que pasaba.
Pequeno quecemento de quilómetro e pouco, e directo para o caixón. As sensacións do aquiles antes de comezar eran moi boas. Cero molestias.
Os dous primeiros quilómetros saen en 7:34 (a 3:47/km). Vou con Sanmikel e os quilómetros do 3 ao 7 saen todos entre 3:46 e 3:48, controlando o ritmo. Nese km 7 chego á altura do grupo de Maseda e Mateotn, que nos quitaban uns 20m dende o inicio, pero Sanmikel quédase uns metros detrás. O km 8 sae máis lento, 3:51, e o km 9 en 3:49. Sen darme conta, escapeime uns metros deles. Atópome ben e sinto que teño forzas. Imos a ritmo de 1h20' e se quero acercarme ao 1h19' baixos non podo esperar moito. Como estou só, anímome a arriscar un pouco e subo o ritmo, aínda que non estou seguro de aguantar. O km 10 en 3:43. No paso polo 10K o reloxo marca 37:53 (a 3:47/km), ritmo para facer 1h20' exacto.
Aumento un pouco máis o ritmo e o km 11 sae en 3:38. Ata o km 17 rodarei sempre entre 3:40 e 3:45 (dende o quilómetro 13 teño algunha molestia na zona do aquiles, pero é pouca cousa). O km 18, onde está a subida, sae en 3:51. Ao rematar esta subida comezo a estar xusto, pero miro que vou en tempo de facer marca e decido apretar. Únome a outro corredor e entre os dous o km 19 sae en 3:44. O km 20 ten unha lixeira baixada que me permite coller algo de aire, fágoo en 3:42. Este segundo 10K sae en 37'16" (3:43/km).
Último quilómetro, xa non hai forzas, pero teño que intentalo. Vexo a meta ao fondo. Non vou baixar de 1h19', pero si que vou facer marca (1h19'42"). Teño marxe. Ía deixarme levar e disfrutar da chegada, pero hai moita xente animando e, sen pensalo moito, cambio o ritmo nos últimos 200 metros (agora vexo que o km 21 saiu en 3:37).
Tempo oficial: 1h19'14"
Tempo neto: 1h19'07"
Posto: 57
Sen folgos, pero moi moi contento! Levaba semanas pensando que que pasada sería baixar de 1h19'. Sabía que era máis que complicado, e de feito dubidaba poder facer marca. Pero isto sorprendeume e superou as expectativas! Pois a pesar de quedarme tan cerca de ser sub1h19', penso que as sensacións foron inmellorables!
Ademais, coa broma, vexo que nalgún momento da carreira fixen un 10k en 36' largos, que é máis de medio minuto máis rápido que a miña marca en 10k (37'34" en marzo 2018 no Porriño). Está claro que é un pouco vintage xa jejeje
Disfrutei moito da carreira, salvo nos últimos 3-4 quilómetros, onde xa ía forzado. Un pracer compartir quilómetros con Sanmikel, jose.losada, Maseda, Mateotn ou Ricardo, entre outros. Moitas grazas tamén a todos os que animaron na carreira cando nos cruzábamos, como Lihto ou Lobo por exemplo. E un gustazo atoparse a tanta xente coñecida!
---------------
-> Resumo da 7ª semana:
Remata con 34,4 km, na que pouco fixen máis alá da Coruña21. Pouco, pero ben feito.
Agora estarei dúas ou tres semanas sen correr apenas, intentando facer bicicleta para manter o fondo e non deixarme levar demasiado. Vendo o de hoxe, dame un pelín de rabia parar, pero creo que me vai vir moi ben.