Lun, 05 Nov 2018, 20:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
XV MARATONA DO PORTO 2018
Inicialmente non me plantexara facer unha maratón neste outono. Todo comezou tomando algo con
Lete, onde comentamos a posibilidade de correr os dous xuntos algunha maratón, que por facilidades e loxística, resultou ser Porto. Esta sería a miña oitava maratón e a terceira participación en Porto. Non me apetecía impoñerme un plan nin ter obxectivos moi ambiciosos, quería escapar desa dinámica. Por iso a idea de correr xuntos a 4:30/km e intentar facer un sub3h10', que sería a súa MMP, gustábame moito.
Despois de mes e medio parado, volvín adestrar a finais de agosto. O único obxectivo do plan era facer suficientes quilómetros para encarar con tranquilidade a maratón. Foron 8 semanas: as 5 primeiras de carga (con tiradas de 22, 26, 29, 28 e 32 km, respectivamente), 2 de descarga (competindo na MM Pontevedra e na Pedestre de Santiago) e a semana da maratón. Con resultados moi bos como a tirada de 32km a 4:22/km ou a MM de Pontevedra en 1h20'42", o traballo parecía estar ben feito para buscar ese sub 3h10' en Porto.
Fin de semana da maratona
O sábado viaxei cos foreiros
Amina e
Lihto, e co compañeiro do C.A.R. Marisqueiro
Lete. Xa en Porto, este último e máis eu fomos ao noso hostal e logo a recoller o dorsal. Onde estivemos tanto con
Amina e
Lihto, como con outros compañeiros do Carma como
Moussambani. Charlas e algunha foto, cea nun dos moitos sitios que hai pola ribeira do Douro e para o hostal a descansar. Unha boa noite, descansando moi ben. Seguramente a falta de nervios axudou. Bo almorzo, preparar todo e xa estaba o gusanillo no corpo. Baixo a ameaza de chaparrón e algo xustos de tempo, imos ao guardarroupa e entramos no caixón. Últimos minutos, falamos cuns compañeiros de Atletismo A Estrada, quitamos as dúas camisetas vellas que levaba, e saída!
A maratón
A idea era saír por diante do globo de 3h15' e poder coller ritmo constante a 4:30/km (ritmo exacto para facer 3h10'00"). Moito tráfico e
km 1 en 4:41. Comeza a chover, que xunto co vento, vai darlle á carreira ese punto incómodo; aínda que eu atópome mellor nesas condicións que con calor. Dende aí, todos os quilómetros
ata o km 15 saen entre 4:26 e 4:33 (non era unha obsesión ser un reloxo exacto, porque o perfil de cada km é distinto; pero a idea é que o corpo fose constante ao mesmo ritmo e relaxado). De feito, pasamos o km 10 en 45'06". O ritmo é bo e imos cómodos, pinta ben!
No
km 15 paro para ir ao baño. Lete continúa nun grupito de 10 unidades que vai ao noso ritmo e no que fixemos a parte de máis vento. Tomeino con calma, non quería parar outra vez. Así que foi máis de medio minuto que logo tiña que recuperar. Xa que íamos xuntos, prefería recuperalo rápido e así poder seguir tranquilo despois. Polo que o
km 16 saiu en 5' e o
km 17 en 4'07". Aínda que vendo o ritmo do gps, fixen uns 800m a 4'00"/km.
Xa no grupo de novo, fixemos o avastecemento do km 20, cruzamos a ponte e chegamos á media maratón: 1h34'56". Seguimos clavados para 3h10' e as sensacións son boas. De feito, dende o
km 18 ata o
km 24 con vento a favor, mantemos un ritmo constante de 4:24-4:27/km. Ao xirar en Gaia, o ritmo mantense pero o vento é en contra, polo que o ritmo dende o
km 25 ata o
km 30 volve a ser de 4:27-4:30/km. Porén, comezamos a adiantar moita xente. Xa estamos nunha altura avanzada de carreira, nós mantemos ritmo e isto pinta moi ben. Despois de volver cruzar a ponte e ir cara o leste máis dun quilómetro, xiro de 180º e
km 31 en 4:34. Lete dime que vai xusto, que xa vai sufríndoo e anímoo. Dígolle que imos moi moi ben! O ritmo, collendo a moita xente. Se nós imos mal, como vai o resto! Así que seguimos por esa longa Ribeira do Douro. O
km 32 en 4:30, o
km 33 en 4:32, pero logo volvemos a recuperar ritmo e facemos o
km 34 en 4:27, o
km 35 en 4:29, o
km 36 en 4:28, e o
km 37 en 4:29. Só quedan 5 km e o reloxo marca 2:46:09. Así que tíñamos 30 segundos de marxe! Pequena, moi pequena, pero estábamos aí!
No km 38] Lete dime que non pode moito máis, que baixemos uns segundos. Anímolle dígolle que sen problema, que íamos por debaixo de 4:30/km, que hai marxe! Ese
km 38 sae en 4:39 e o
km 39 en 4:41, que é subida con adoquín. Chegamos a arriba da costa e agora pica para abaixo e temos vento un pelín a favor, pero Lete coméntame que non pode máis, que non ten forzas. Así que toca disfrutar dos últimos quilómetros e deixarse levar. Disfrutar de que o intentamos, de que ata ese momento foi unha carreira espectacular! 39 km moi moi bos! Así que a disfrutar e sufrir o menos posible.
Km 40 en 4:53. O reloxo marca 3:00:24! Aínda nese momento estábamos en tempo, aínda que evidentemente non era factible. Pero iso mostra que o tíñamos aí aí.
Km 41 en 5:14 e
km 42 en 5:44. Xa os últimos 195, costa arriba foron moi moi suaves, a case 7'/km.
Tempo oficial: 3h13'00"
Tempo neto: 3h12'45"
Postcarreira
Moi moi contento pola carreira que fixemos e por poder disfrutar dunha maratón en equipo. Penso que a estratexia era boa e que non houbo sorte. Ademais el correra hai 4 semanas a Extreme Marathon de Sistelo, polo que o cansancio acumulado e a falta de frescura penso que foron os causantes dese baixón final. Aínda así, non hai que quedarse con iso, que é o de menos. Rematar unha maratón máis, correndo así tantísimos quilómetros e disfrutando cada un dos 42, é o importante. A verdade, é unha pasada compartir tantos quilómetros e tantos momentos polos que se pasa nunha carreira tan longa, sabendo que é unha cuestión de equipo pase o que pase.
No
aspecto persoal, moi boas sensacións. Disfrutei moito de poder correr a un ritmo alto tantos quilómetros. Sen presión nin ir extenuado. Muscularmente moi ben. Tan só a partir do km 32 notaba os isquios algo cargados, pero pouca cousa. Non foi ata o km 40, cando baixamos moito o ritmo, cando si que as pernas xa estaban moi moi pesadas. Imaxino que ao baixar tanto o ritmo apareceu o ácido láctico ou similares e aí xa se queixaban os músculos. Certo é que na volta ao hostal, máis de 30 minutos andando con vento, frío e chuvia, si que o pasei mal tanto en isquios e xemelos. Pero na carreira creo que todo perfecto.
Hoxe luns ningunha molestia. Tampouco cargado ao baixar escaleiras ou facer algún tipo de movemento. Si que noto as pernas cansas, pero molestias cero. Tan só os dous aquiles ao despertar me saudaron, pero moito máis leve que unhas semanas atrás. Así que máis non podo pedir. Uns días de descanso, e volta ao traballo!
Recuperar ben para intentar chegar fresco á MM de Vilagarcía, despois intentar facer moito traballo de forza durante decembro e en xaneiro comezar un plan que farei nas vindeiras semanas para chegar ben á Maratón VigBay.
Agradecementos
Moitas grazas a todas as nécoras compañeiras do Carma por seguirnos aos cinco que alí estabamos, así como tamén aos Jackbauers polos seus ánimos, e aos compañeiros de viaxe
Amina e
Lihto, un pracer viaxar con eles! A
Rufino polos ánimos en Porto! E como non, a
Lete, por poder disfrutar desta aventura con el e compartir esa chegada a meta na alfombra vermella.
Quero mencionar a dúas persoas que nestes meses, sen plan de adestramento ningún, me permitiron adestrar con eles. Unha é
Gefreiter, que é un luxo de compañeiro de adestramento e que grazas a el estou como estou. Moitas grazas Miguel! E tamén á
isaac.f.m., porque con el fixen as 4 tiradas máis longas destes 2 meses e case toda a MM Pontevedra; sorte en Valencia!
E para rematar,
sanmikel, para a próxima, conto contigo eh!
Última edición por sonsuso o Mar, 06 Nov 2018, 10:36; editado 1 vez