Lun, 02 Xul 2018, 15:42
Asunto: Carreira do Románico de Silleda - 22/07/18
22 de Xullo - Carreira Solidaria do Románico - Carreira a pé e Andaina.
Colaboración da Fundación Baiuca Verdescente e o Concello de Silleda.
Deporte, lecer e cultura co obxectivo de promocionar o Románico e poñer en valor o patrimonio cultural e arquitectónico da zona.
Dúas modalidades, unha carreira cronometrada (8,4 km) e unha andaina (5km), con paradas en distintos puntos de interese.
Recaudación solidaria Programa IDE edición II en Silleda cos mozos da Comarca.
Andaina 5€
Carreira 8€ ata o 10/07/18 // 10€ dende o 11/07/18
Inscricións en:
goo.gl/HCru8P