Sáb, 01 Mar 2008, 9:59
Asunto:
Pois moi ben. :=D> :=D> :=D>
Isto si que Ã? un resultado bó.
O tema a discernir é, dende o meu punto de vista, a finalidade PRINCIPAL que o grupo organizador lle queira dar a un circuito.
Si se percura a máxima participación e se vincula ó binomio deporte-saude está claro que o maior número de probas de distancias asequibles (ata 15 Km.) sería o formato e que a participación das administracións sería imprescindible e imperdoable a súa ausencia.
Si se percura unha vistosidade atlética, tipo probas en ruta para federados con apertua á participación de populares as condicions de número de probas, non coincidencia, regulamentación mais estricta etc sería o desexable; esta clase de circuito atraería a sponsores comerciais de alimentación e roupa deportiva e tería un referente na FGA para os aspectos técnicos e de control (sen descartar o control por chip)
Ãmbalas dúas ideas non son incompatibles mais ben ó contrario sería como si os equipos de primeira división e rexional preferente puidesen coincidir en momentos puntuais (copa) malia que cada un tivese a sua "guerra".
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html