 
             
          
             Sáb, 20 Mai 2017, 19:09
          
          
            Sáb, 20 Mai 2017, 19:09            
            Asunto: II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Compostela)
          
          
          O 
sábado 3 de xuño, en Area Central (Fontiñas, Santiago de Compostela), celebrarase o 
3º día do deporte solidario, con múltiples actividades para cativos e adultos dende as 11h. da mañán ata as 21h., e das que poderedes ter máis información no seu 
facebook.
Este ano, os donativos irán destinados á 
Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)
Unha das actividades estrela da xornada será a 
II MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO, con carreiras en moitas categorías a disputarse dende as 18h. da tarde do sábado. Toda a información e inscricións (FGA) 
neste enlace
Así mesmo, 
a organización precisa de VOLUNTARIXS, polo que se alguén quere colaborar, pode poñerse en contacto comigo a través de mensaxe privada.
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN COA CAUSA!
Grazas!
