Dom, 04 Nov 2007, 17:53
Asunto: Santiños en O Barco
Bueno, a pesares de que ningúen iniciara o tema eu coido que a carreira merece unha entrada para dar conta, aínda que seña con atraso, de como é esta proba.
Pouco vos podo descubrir da organización ós que xa a coñecerades de a milla de O Barco; Tinin e a súa xente son unha equipa humana exelente e cubren á perfección tódolos aspectos organizativos tanto para os aspirantes a 'algo' como para o participante popular.
Saida e meta no estadio de Calabagueiros, con aparcamento dabondo nos arredores. Entrega de dorsais ben organizada, zona de quencemento no mesmo estadio (polo tartán ou pola herba) participación media-alta con bó nivel competitivo ( Chus Alonso e Paz entre outros). Circuito urbán chan con algunha rampiña de non mais de 50 mts. marcado cada Qm.
Na meta auga e unha camiseta (normal). cronometraxe da FGA que, supoño que colgará os resultados. Duchas na instalación; non podo precisar a calidade pois esta é para min unha "carreira de casa".
Percibín un ambiente fantástico sobor de todo pola rapazallada toda que participou na proba.
A ver si para o ano se anima mais xente que ben sirve como "pedra de toque" na preparación da San Martiño.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html