 
             
          
             Lun, 30 Nov 2015, 14:21
          
          
            Lun, 30 Nov 2015, 14:21            
            Asunto: XI Carreira Mar de Boiro-9º Memorial Pepe Buceta (20/12/15)
          
          
          Boas a tod@s,
A XI Carreira Popular Mar de Boiro-9º Memorial Pepe Buceta desenvolverase este 2015 no domingo 20 de decembro. Non se produciron cambios con respecto á edición do ano pasado, polo que aos que participachedes no 2014 non vos collerá nada por sorpresa, salvo axustes que nos axuden a mellorar aspectos organizativos.
Mañá día 1 abriremos as inscricións (maiores en 
www.championchipnorte.com e, escolares e mini, no Departamento de Deportes: 981848425 -  deportes @ boiro.org).
Aquí en Correrengalicia teredes acceso ao regulamento (horarios, lugar, percorrido...) e, tamén, na páxina web do Concello de Boiro (www.boiro.org).
Contamos con vós e, coma sempre, intentaremos estar á altura do que se merecen os participantes das carreiras populares...
/ Regulamento completo Carreira Mar de Boiro
.