Lun, 23 Nov 2015, 16:43            
            Asunto: Solicitude de modificación da categoría de veteráns
          
          
          Desde o C.A.R. Marisqueiro acabamos de mandar a seguinte solicitude vía correo electrónico (info@fgmontanismo.es). 
A facemos pública por si outros equipos a queren sumarse a esta iniciativa e enviar tamén a petición.
 Vigo 23 de novembro de 2015
Desde o C.A.R. Marisqueiro, agora que vai rematar a temporada, e a previsión é dun aumento nas cuotas das licencias, creemos que de igual forma hai que revisar os criterios para a categoría de veteráns nas probas federadas.
Actualmente nas probas da Copa Galega de montaña só hai dúas categorías: senior ata os 39 anos, e veteráns, dos 40 en diante. Parécenos desproporcionada esta clasificación tendo en conta que cada vez son máis o número de participantes veteráns. 
Desde o clube consideramos que hai que premiar o esforzo dos atletas, verdadeiros protagonistas das probas. Por iso solicitamos á Federación Galega de Montañismo que para a temporada 2016 revise as categorías de veteráns.
Desde o C.A.R. Marisqueiro consideramos que o ideal sería considerar nas probas federativas veteráns desde os 35 anos e facer categorías de 5 en 5 anos ou cando menos de 10 en 10 anos.
Atentamente reciban un cordial saúdo
Juan Carlos Paz González
Presidente do C.A.R. Marisqueiro