anarky escribió: |
Xoves 22 de Outubro Saín a correr cedo sen reloxo --como sempre ultimamente-- e notei boas sensacións. Cheguei a casa, e, despois de comprobar a distancia, vin que me saira un ritmo de 5:06 min/km, como para non ir cómodo . En total: Distancia: 15 kms Tempo: 1h16:30 (5:06 min/km) Venres 23 de Outubro Clase de BodyPump no ximnasio. Domingo 25 de Outubro Carreira Pedestre de Santiago. Sexta participación nesta carreira e teño que confesar que, xunto coa Lugo monumental, son as miñas dúas carreiras favoritas por asfalto e tratarei de non perdermas salvo forza maior. Nesta ocasión, repetín un pouco o guión de Sada, correr forte pero sen exprimirme completamente. Nos primeiros kms fíxose compricado coller o ritmo polos continuos tapóns que se formaban pero a partir do kms 3-4, xa puiden coller o meu ritmo e regulando ata arriba de Vite. Como curiosidade fixen os primeiros 7,5 kms claramente favorables a 4:26 para acabar en 4:20, así que no tramo Vite + baixada ata meta non fun despacio -- ademais recuperei máis de 200 posicións . Distancia: 12 kms Tempo: 51:58 (4:20 min/km) PD: Mellor das molestias na rodilla, aínda que non estou completamente recuperado, polo menos podo adestrar con certa regularidade. |