Mér, 31 Out 2007, 1:12
Asunto: REGRESAMOS
Hola amigos:
Vexo que seguen xurdindo inquedanzas sobre o tema do deporte da orientacion. Iso é interesante porque é un aliciente para os que nos vemos tan raros facendo isto que case ninguén entende.
Estivemos ausentes deste foro durante algún tempo porque andivemos viaxando co tema este das carreiras, en setembro estivemos correndo por eses montes do Norte de Portugal, e tamén formos a Asturias correr no Trofeo Internacional dos Picos de Europa, exactamente nos Lagos de Covadonga, un auténtico luxo.
Agora regresamos para rematar coa liga Galega da que nos restan 3 probas, hai dous fins de semana corremos en Teo (A Ramallosa), e agora quedanos, se non mal non me lemro, Lugo (Monte Segade), Betanzos (Coirós), creo que A Serra da Capela (aló por San Andrés de Teixido), así que agora tentaremos centrarnos nisto para rematar o máis honroso posible no ranking.
Logo para a primaveira veremos se imos ó Campionato nacional de Portugal (unha semana no parque natural de Peneda Xerés), o Martin Kronlung e logo se se poidese o Campionato de España en Calasparra (Murcia), hai o Open de Matosinhos en Oporto, o Trofeo Cidade de Oporto, o Ori Montes e Vales en Chaves, o Trofeo Camiños do Alvao,o Viver Penafiel, e ó mellor algunha proba do Trofeo Marcos de Orintaçao que organiza os de Orimarao, o Campionato do Mundo de Orientación que se vai celebrar en Portugal, ademais das proba da Liga Galega e tal vez os da Liga Norte orgnicen algo por cerca.
Estes son os plans para a esta tempada 07/08, o que queira apuntarse a vivir algunha destas aventuras, xa sabe, gañas de facer deporte, de coñecer sitios e xente distinta, saco de durmir, zapatillas de correr, .... e que se una o grupo ,que o estamos esperando.
Sempre se pode participar fora de competición, pero ,se alguén ten interese en saber de que vai antes, estou disposto a contarlle ata onde eu sei, claro está, cando el ou ela queira, so pido porse dacordo conmigo antes.
Un saúdo e ánimo.