Breo1979 Novo foreiro
22/04/12
40 Carreiras
21 Mensaxes
Sáb, 01 Nov 2014, 20:19 Asunto: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
No seguinte enlace podedes atopar a información e fotos sobre a 3ª edición da carreira de montaña da Pontenova (21km), que se celebrará o vindeiro 23 de Novembro pola mañá. O recorrido é moi bonito e non vos deixará indeferentes, por pistas de monte na maioría do mesmo, pero tamén con algúns tramos moi técnicos, esixentes e divertidos.
Agardamos comentarios dos participantes do ano pasado!!!
Calquera consulta ou dúbida no mail sd.albions @ gmail.com ou no tlf 982 34 22 92 en horario de 10 a 13 e de 20 a 22 horas.
Breo1979 Novo foreiro
22/04/12
40 Carreiras
21 Mensaxes
Lun, 03 Nov 2014, 13:07 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
No enlace que sigue podedes ver as fotos da carreira o ano pasado, que se fixo en Xullo.
Poderedes comprobar algúns dos divertidos tramos que se propoñen!
scoladas Novo foreiro
6/11/14
4 Carreiras
6 Mensaxes
Xov, 06 Nov 2014, 13:39 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
Bos días:
Eu xa participei nas dúas edicións anteriores e coincido con Breo1979, é unha carreira dura pero cun recorrido espectacular.
Animádevos a vir, seguro que non vos defrauda.
Ven, 07 Nov 2014, 10:06 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
Eu teño pensado participar nesta proba pq seguramente ese fin de semana ande por esa zona, pero gustaríame coñecer algúns datos máis da carreira, máis con respecto a tecnicidade que sobre a dureza.
A carreira consiste en saír do núcleo da Pontenova e subir ao Pico do Outeiro e despois baixalo. A maioría da carreira discorre por pistas forestais, sen grandes desniveis e sen complicación técnica, desfrutando da paisaxe, pero tanto nos primeiros km coma nos últimos hai aperitivo e postre porque se pasa polas antigas minas de ferro que están na falda da montaña que dá ao nucleo urbano da Pontenova. Son tramos curtos monte a través, por unha zona escarpada e sombría, e habilitamos cordas para facilitar o paso. Seguro que vos gustará!!!
Breo1979 Novo foreiro
22/04/12
40 Carreiras
21 Mensaxes
Xov, 13 Nov 2014, 14:25 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
Información da carreira en Trail Norte, con mapa do percorrido!
Lun, 17 Nov 2014, 10:34 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
Un que xa está inscrito!!!!
A carreira é moi fermosa e tendo en conta que é de montaña, non é moi dura.
Os tramos máis duros están case ó comezo e son os máis fermosos, pasar pola mina, subir agarrado ás cordas.
Só falta que o tempo nos axude, polo demáis será todo perfecto.
Vémonos o domingo!!!!
Dom, 23 Nov 2014, 18:46 Asunto: Re: III Carreira de Montaña da Pontenova. 23/11/2014
Con el día que hacía, sólo queda felicitar a la organización y, sobre todo, a los voluntarios, que tienen un mérito enorme...ya fue durillo correr con este día, así que estar quieto todo el tiempo en un sitio para que saliera todo como debe ser, es para quitarse el sombrero.
Enhorabuena a todos
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos