Mar, 23 Set 2014, 8:44
Asunto: Re: CARRERA DE LA MUJER,TRIATLON DE LA MUJER? QUE ESTA PASAN
Boas!
A polémica suscitada neste fío pareceume digna de maior atención e moi enriquecedora. A min polo menos fíxome replantearme a miña postura inicial de rexeitamento total e verlle algún aspecto positivo a esta carreira (e pido desculpas se algunha persoa se sentiu ferida polos meus comentarios, que máis brutiña non se pode ser). O aspecto positivo non inclúe o "Hola", of course
Dentro das distintas posturas que fomos expoñendo supoño que no fondo toda a xente que aquí falou parte da mesma base: que queda moito treito por percorrer para que a non discriminación sexa real.
Por iso decidín que xa ían sendo horas de deixar de escribir parvadas no meu
blog e deixar paso ao relato en primeira persoa das
experiencias vividas por distintas corredoras e a súa opinión sobre o mundillo do running. Si, corredoras mulleres unicamente, toma segregación
Onte convidei a participar a unhas cantas corredoras coñecidas partindo dun cuestionario base e deixando espazo para cantas observacións queiran facer. .Xa recibín dúas respotas; unha está colgada no blog (
Nachas' Power is back-1)
A outra colgareina esta noite, supoño; e irán chegando máis que se irán editando.
Animádesvos a participar? Sería estupendo compilar todo tipo de experiencias e puntos de vista, non vos parece?
Deixo aquí
o cuestionario que se propón como guía. Podedes seguilo ou non, contestar a todas as cuestións ou soamente ás que vos pete, suprimir algunhas preguntas e engadir outras, responder no idioma que mellor vos pareza e ter a seguridade de que o voso texto non será retocado (bueno, ás veces engado acentos, pero máis nada, ja, ja). Podedes quedar no anonimato, dar todos os datos ou soamente uns poucos... Que vos parece?
0- [Antes de responder ás preguntas, di con que nome queres figurar (o teu nome real, un alcume, de xeito anónimo?) Recorda que podes enviar fotos (agradécense, queda máis chachi piruli) e faser una presentación previa: idade, profesión e o que che pareza relevante e que non se toque nas prejuntas ]
1- Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running?
2- Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?
3- Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
4- A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?
5- Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir?
6- Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller?
7- Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?
8- Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista “Hola” e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?
9- Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?
10- Cal é a túa atleta máis admirada? Por que?
11- Que momentos foron os máis especiais para ti como corredora?
12- Máis cousas que nos queiras contar.
PARA PARTICIPAR ENVIÁDEME UN PRIVADO
"Amamos o touciño tanto como a velocidade" (Colectivo Ronseltz)
cronicasdomaquis.blogspot.com.es/