toijodio escribió: |
Aricar, na miña opinion, coido que do primeiro que te debes preocupar, é de baixar un pouco de volumen, pois 83 Kgs, son moitos para unha estatura de 1,75 m. O ideal sería manterte entre 73 e 75 Kgs. Así que eu, antes de poñerme a facer series etc., faría Kms ainda que fose a trote borriquero. Non te obsesiones cos tempos .... xa chegará o momento. Para baixar Kilos, é preferible facer máis tempo a ritmo mais baixo, que moito ritmo en menor tempo. O importante é que colla-la inercia de ir baixando pouco a pouco. Xa verás como despois xa o corpo che pide máis caña. Lembra o refrán ............. O comer e o rañar, todo o malo é empezar. Unha aperta. |