URKO escribió: | ||
Bueno, non sei si a carreira "promete" ou non...o que si se tenta facer desde a organización é escoitar ós corredores e, naquelo no que se poda, achegarse a esas pequenas demandas que nos van suxerindo. Por exemplo, este ano anulamos o tema do parking de pago, no campo de futbol, porque o ano pasado moitos consideraban que non quedaba moi "estético" o de cobrar por aparcar. Pois ala, petición aceptada e este ano falamos con algún propietario de fincas para que nos permitise aparcar nas suas leiras. Gracias públicas para eles!! ![]() Outro detalle moi corriente é o dos corredores que se achegan á mesa de cronometradores para que se lle garden as mochilas, unha sudadeira, as chaves do coche...co conseguinte risco para os "gardadores" que teñen a cabeza posta na sua tarefa máis que en coidar das prendas. Pois nada, demanda atendida, e este ano entregaranse unhas bolsas co número de dorsal para que personal dedicado unicamente a ese menester se faga cargo de ese material. ![]() A veces atopámonos con amigos e amigas que non poden ir a unha carreira porque non teñen con quen deixar os nenos ese día. Pois tamén se lle buscou unha solución: un grupo de avoas dixo que elas se encargaban de atender ós nenos e nenas dos corredores mentras dure a carreira. Estarán no local da Asociación de Veciños, ó lado da saída e da meta, e por cada neno/a haberá unha avoa que se encargará de atendelos como si de netos propios se tratase. ![]() ![]() Como moitos corredores se sinten "agobiados" nas carreiras de centos de corredores, tentamos manter o espíritu "familiar" e atención "cuasi-personalizada", limitando a 300 o número de participantes, de xeito que casi lle sepamos o nome a cada corredor ![]() ![]() Non sei si promete, pero polo menos, por nós que non quede!!! ![]() ![]() ![]() |
Edu_Iglesias escribió: | ||||
A esto non se lle chama poñer toda a carne no asador: estades poñendo a cabaña completa!!! A ver qué disculpa hai agora para non correr na Guía! ![]() ![]() |
BlackMount escribió: |
No me dejeis fuera que yo he pagado!! ![]() |
URKO escribió: | ||
Non ouh!!! Este tema das comisións bancarias tratámolo cando se programou a edición deste ano. Sabíamos polos comentarios vistos noutras carreiras, que é algo que "repatea" ó personal: o ter que pagar un 50% de comisións aparte do precio da inscrición. Un 50%!!!!!! Puxemos, por elo, a posibilidade de pagar "in situ" nun supermercado da localidade. Así que os clientes de NCG, ou os amigos, colegas, compañeiros de clube, etc que sean clientes e nos fagan o favor de ingresar por nos, así como os residentes na zona, teñen alternativa, pero o resto pode verse abocado a ese pequeno "chantaxe financieiro". Así que ahí vai a consulta: ¿cómo considerades que se podería solventar este "problemiña"?? |
abraham escribió: | ||||
No cobrar inscrición! |
Xalma escribió: |
...porque non nos deleitas cunha "Descripción Panorámica" da ruta como xa tes feito alguna ves ![]() |
URKO escribió: |
Vamos alá, loh: Pistoletazo de saída (é un decir: nas carreiras de aldea aínda se leva o “preparados, listos…xaaaa!!), e todos salen en tropel, como nas portas do Cortinjlés en día de rebaixas. En terra de lobos hai que ouvear coma todos: así que, como é costa abaixo, non hai moito problema en ir “escopetado”. Giro de 90º á dereita, coidado cos tropezóns. Lousas de pedra, logo adoquíns…unha baixadiña, unha subidiña, outra baixadiña…giro de casi 180º á dereita e tira para arriba. Pasamos ó lado da meta, e xa levamos un kilómetro, pero ó contrario que moitas carreiras nos que o primeiro quilómetro é de quencemento, nesta, un primeiro quilómetro “a full” pode facer perder a carreira (nonsí, Abraham?? ![]() ![]() A partir da Capela da Guía, a cousa cambia, e temos un par de quilómetros llaniños picando para abaixo: é o momento de coller a velocidade de cruceiro. ![]() Deixamos atrás a aldea do Vilar e dirixímonos cara Vixán. Pica un pouquiño para arriba pero lévase ben. No medio da aldea, unha baixada pronunciada, por adoquíns con xiro de 90º ó final. Este é un dos puntos de máis ambientiño…así que a dalo todo!!! ![]() Agora o perfil toma forma de V: baixada para ir “ferro a fondo” e 600 metros de subidiña das que lle chega abondo. Pola Graña, a estrada pica para arriba sen grandes repeitos. Seguimos por unha estrada estreitiña e agradable para correr. Despois de volver a cruzar a estrada de Aguiño, ven unha zona engañosa: o corpo pide guerra!! É unha zona ideal para ir ó que dea o corpo…pero o bó logo remata. ![]() ![]() Estamos no kilómetro 9, e desde ahí volvemos a entrar no núcleo de Carreira, e hasta a meta, todo será subida, con máis ou menos desnivel, pero sempre en pendiente. Si conseguimos ter o ambiente do ano pasado, a entrada en meta será unha pasada: un embudo de xente aplaudindo a esgalla, arroupando ós corredores. ![]() ![]() |