Mar, 08 Abr 2014, 8:42
Asunto: Re: Penti, detenido por trafico de sustancias dopantes
Certezas:
Desde o punto de vista da federativo, a proba non era oficial, pois non estaba nin no calendario da FAA, nin no da RFEA.
www.fedatletismoandalu...Itemid=402
www.rfea.es/web/compet...ciones.asp
Segundo consta no regulamento da proba, estaba organizada polo concello de Salteras, e no mesmo non consta quen o que entidade se fai cargo do control da proba. Chamo a atención acerca de que o regulamento non di que se somete para o non previso ás normas federativas (FAA, FREA, IAAF), cláusula de integración que teñen todos os regulamentos de probas de calendario.
www.google.es/url?sa=t...7178,d.Yms
As miñas apreciacións:
Varios medios de comunicación informan que o control da proba era responsabilidade de xuices da FAA. Entendo que é posible que os xuices federativos controlen probas non o oficiais, ben sexa porque os contraten directamente, ben porque lle encarguen o control da proba á FAA. Habería que comprobalo nos regulamentos da FAA.
Penti, a día de hoxe, parece que está imputado pola presunta comisión dun delito relacionado co tráfico de substancias dopantes, segundo se informa por varios medios. Non me consta (tampouco o puden comprobar) que se lle abrirá un expediente federativo pola misma causa, nin que se tomara ninguna medida para suspenderlle cautelarmente a súa licenza federativa, ao marxe de que segundo parece se lle "vetou" de participar nun campionato oficial de campo a través (é decir, se lle pediu por favor que non fóra).
Polo tanto, desde o punto de vista penal é inocente, e desde o punto de vista federativo é un atleta federado con todas as da Lei.
Nesta situación imos a Salteras o domingo pasado a competir nunha bonita carreira popular que descorre polo Aljarafe Sevillano, lugar estupendo, dou fe. Alí plántase Mauri Castillo, quen pide que non se deixe participar a Penti e monta un pifostio do quince.
Baixo o meu punto de vista, os xuices (fosen da federación, fosen de championchip, fosen a Policía Local) aplicaron o regulamento da proba, en base ao cal, estar imputado por tráfico de substancias dopantes non constitúe motivo de exclusión.
A decisión de exlcuir a Penti sería, en calquer caso, a cargo do organizador, é decir, no propio concello, é decir, do concelleiro de turno. Entendo que esta decisión sería ilegal, pois sería manifestamente arbitraria. Ademáis, hai que poñerse no pelexo do concelleiro: excluir a Penti nunha carreira en Salteras, sería como se exluisen a Lolo Penas de Correr no Pino, polo motivo que for. Non quero nin pensar o follón que se podería montar.
A partir de aquí entra o que eu penso que é hipocresía mediática. Por qué un atleta inocente e incluso federado non pode competir nas probas que lle pete? Por qué hai que excluir a un atleta de participar nunha proba en base a unha decisión manifestamente ilegal?
E para rematar, unha reflexión sobre a política e a xustiza. Por qué o concello admitiu a inscripción de Penti, en lugar de pasarlle o embolao aos xuices da proba, se realmente non quería que competise? Se consideramos que un sospeitoso de doparse non debe competir, por qué non temos unha Lei que impoña esa norma? Por qué as federacións non lle suspenden a licenza? Por qué as federacións non se personan nas causas sobre dopaxe como acusación popular? Por qué sempre queremos tomar atallos xusticeiros, no canto de facer xustiza a través do estado de Dereito?