Mar, 08 Mai 2007, 0:14
Asunto:
Pois eu ladrillazo... para variar
Tentarei ser breve. Chegada a Vilagarcía o venres á tardiña. Sábado de mercadillo coa familia e de súpeto: "
¡¡¡Señor Banderas!!!". Levanto a vista e... ¡¡¡tacháaaaaaaaaaan!!! o compañeiro
Kenitablanco tamén coa familia. Quedamos para rodar un ratiño pola tarde e tal... en efecto, a iso das 20 horas fixemos unha voltiña de recoñecemento ó percorrido a ritmos suaves (para él, claro) de 4'45'' máis ou menos... tranquilos que non afoguei

. Estabamos estirando e palicando un pouco cando, no medio dun montón de xente que saía dunha entrega de premios náuticos ou similar, aparece o meu amigo lector (desa inmensa maioría de lectores curiosos e anónimos do foro)
Touza que nos dí que é día de descanso, que mañán toca dar caña. Risas, saúdos, presentacións... e ata mañán.
Día D. Almorzo rapido e lixeiro, visita a "
Roca" moi recomendable para evitar problemas no km. 17 ¿non?

A señora da casa de turismo rural non atinaba co TPV e eu neghro que quería marchar que xa eran as 9:35. Chego ao sitio no que dixen de quedar e alí non había nin Dios do foro. Dou voltas e atopo a xente na cola
Derek e a
Keniata co seu "dios"
Dosil... ¡¡qué menos que saudalo!! Baixo as escaleiras e vexo correndo a....
Marolaaaaaaaaaaaaa ¡¡¡qué sorpresa tan bonita, diossssss!!! Unha aperta de película... a miña mapomeira favorita... blablablabla, etc.
Cabuxa lembrándome o meu compromiso de axudala a chegar... grupiño con
Urko,
Easywind e alguén máis e veña a tomar un cafelito.
Curro2000 e
Piti en algún momento, intercambiando impresións do Forerunner 305 (que si en bermello, que si en azul

)...¡¡qué carallo importará a cor...se eu non son racista!! Lío. A xente que vai quentar... eu que non collín a visera das carreiras ó sol... para o coche a collela... e veña, para a saída que xa está todo o mundo. Grupiño abondoso de xente...
Jotaeme tamén, en fin... hai xente con un par...ou tres... e tamen
Jabelo.
¡¡¡¡¡¡Makokiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!! ¿¿Alguén sabe se víu?? ¿¿Vai vir??... de súpeto... a saída que tarda, que non tarda... tardou tardou. ¡¡Tardou arreo!!
Primeiro km. un tanto fogheado...e
Cabuxa coa súa canción de toda a carreira: "
¡¡Baixa que a este ritmo non chego!!". En fin... km a km foron baixando. Ibamos tres: os dous do foro e mais un primo de
Easywind. O pobre home seguíanos... e nós a falar do divino e do humano... do foro, de fora, de dentro, dos fillos, de telos, de coidalos, de
Elena Naveiro e o formadiña que ten xa a tripiña... vamos, de cotillas todo o rato. Cando cruzaban coñecidos nós a berrarlles e darlles ánimos. O "primo" escoitaba e, penso eu, flipaba un rato longo. Cada km eu, sen querelo, aceleraba e
Cabuxa coa súa canción "
¡¡Baixa que a este ritmo non chego!!". Todo ben. Todo bonito. Por diante
Supercoco nos primeiros kms. Eu de cachondeo todo o rato. "
¡¡¡¡Esas mallitas!!!!"

¿A que lle sentan ben?

... en fin... facendo de
Makoki (xa que él non se dignou aparecer

). Collemos a
Supercoco que leva un bó apoio e tiramos para diante ó noso paso. Na segunda volta por meta monto o numeriño. Aplaudolle ó público para que anime... que son un muermo. Case case boto un "dancing" sobre a alfombra dos de
ChampionChip que deberon flipar tamén un pouco comigo

... en fin... disfrutei da carreira coma un anano. Fun sobrado de forzas e de todo... a bóa compañía axudaba (
Charly xa sei... son un "chulito"). Como na última volta a miña compañeira frouxeaba algo ofrecinme a facer de augador, de paraventos, de guía turístico... en fin... un cabaleiro do sul sempre é un cabaleiro PASTELALRUHM

. No km 18 pidolle permiso para rematar ó meu modo a carreira e deixoa en compañía do "primo". Acelero dende os 5'20'' ata os 4'35'' e así ata chegar a meta. Cando estou a 30 metros vexo o tempo e ó pasar baixo o reloxo axito o brazo dereito en sinal de victoria. Dixen 1h. 50' e fixen 1h 49' 57'' (case case precisión suiza). Non quería facer marca, quería gozar coma un anano e así o fixen. Sintoo por aqueles a quen lles foi peor que na Vig Bay sen querelo, a quen sufríu innecesariamente, a quen non debía ter corrido e o pasou mal... e grazas a todos por estar ahí, por correr, por saudar, por apoiar e por aguantar.
Non dou as grazas, senón un tirón de ourellas a eses que colleron 8 acuarius (4 de cola e 4 normais) e un par de Powerades, un par de mazás e cousas semellantes. Non foron un nen dous corredores. Vin cando menos 4 con bolsas a plan. Eu non puiden tomar isotónica. Aguiña e mazá (ainda que puiden coller laranxa e iogur e non quixen) e grazas. Unha isotónica era todo o que o meu corpo pedía e non a tivenl. Aos acaparadores... ¡¡¡moitísimas desgracias!!! Onte non lles dixen nada en persoa. A vindeira ocasión serei menos cortado... sintoo moito, pero sen houbera pasteleiros tampouco habería gacelos. Todos somos de dios ¡¡¡qué carallo!!!
Despois da carreira saúdos, abrazos, felicitacións aos que colleron cacho (faltoume
Marola outra vez primeira da súa categoría ¿non?... esta muller e a
Piti ¡¡¡dan un asquiñooooo!!!!). Baño na praia... en compañía de
Gallego e
Jabelo. Bueno...eu ata nadei unhas brazadas á mariposa

(que non mariposón). Duchiña e a comer, que tiña aos pequenos mortiños de fame dende o porto a berrarme que querían comer... pero esa é outra historia que será contada por Ende
P.S. O percorrido, na miña opinión non foi tan feo como o pintaban... sintoo por quen opine ó revés... o circuito fáiseme divertido (sobre todo porque aquí non había 2000 corredores).
Outra cousa. Como diría
Keniatablanco: "
As miñas perniñas teñen 1h 45' con seguridade" pero onte eu non estaba para facer marcas... senón para disfrutar coa carreira, coa distancia (que me encanta) e coa compañía. Un bico para ela... bueno, para o "primo" un abrazo