Mér, 02 Mai 2007, 12:01
Asunto:
TEMPO DE AGRADECEMENTOS
De parte das asociacións Altofalante e Pau da Luz, agradecer a todos e cada un de vós, que fixechedes posible esta proba. Tanto as persoas que participaron na organización, como as persoas que participaron na carreira. A TODOS E CADA UN DELES, MOITAS GRAZAS.
Pola miña parte, agradecer a estas dúas asociacións, que asumiran un reto, unha idea, un proxecto, un guión que adaptaron a súas características e personalidade, con rigor organizativo, sin recursos pero con imaxinación, capacidade de improvisación, traballo, esforzo e sobre todo, moita ilusión. Sin a súa forma de ver, entender e facer as cousas, non sería posible darlle ese toque sinxelo, natural e como dixo o gañador, tan bonito.
Quero destacar entre todos eles a estas persoas:
- Luis Teira, presidente de Altofalante, por todo, el sabe de que falo.
- Cobas, de Altofalante, home escoba, santo varón.
- Imanol, de Pau da Luz, sensatez, moita sensatez.
- Manoel, de Pau da Luz, impulso, moito impulso.
Polos meus, citar a:
Toño de Lusía, Pachicho (vou ter que organizar o Memorial Pachicho de Ribeira que decía o Sr. Banderas), Anxeles de Seráns (maravilla de muller), Edu e Alejandro, o grupo de Abraham (o propio Abraham, Israel, Vanesa, Belén Callón e Victor, todos eles, organizadores da carreira Virxe da Guía). Grazas pola vosa implicación, pero sobre todo pola vosa amizade.
Apartado especial para Urko, el e máis eu, tuvemos as nosas estúpidas diferencias por culpa de distintos criterios organizativos en outros eventos deportivos, que nos fixeron estar distanciados. Tan pronto lle pedín que se ocupara de unha parcela da organización o fixo sin dubidalo, sin mirar atrás; non é menos certo que lle gustan estas cousas máis que a un neno un chupa-chups; pero apareceu o instante. Eu, nambargantes, cando quizais lle puden botar unha man en outras andainas, boenoâ?¦â?¦.en finâ?¦â?¦.eu teño a razón.
Digan o que digan, un traballo admirable, ai que estar na allada para saber o que se coce.
O meu fillo, Fran pequeno; que me pideu que o despertara o domingo as 6.30 da mañan, para poder axudarme. Intentouno, dou fe, pero no derradeiro intre, decideu que a súa vai a ser a próxima edición. Orgullo de puma.
Por último a máis importante de todo-las persoas, a miña muller, que traballou arreo por esta carreira. O sábado todo o día de un lado para outro, chegamos a casa as 10 da noite, fixo callos para dous días, deitouse as tantas e ergeuse as 6.30 para estar conmigo. Cando o domingo voltamos para a casa, dispois de rematar todo, falando do cansado que é todo esto, do traballo que da, etcâ?¦lle comentei que tiña en mente organizar outra en Aguiño, simplemente suspirou e sonrrieuâ?¦â?¦â?¦â?¦â?¦â?¦â?¦.si Ojordo é Bustamante, eu son Amancio Prada.
Espero que para o ano, poidamos facer a carreira sin menxases, sin recado, que as ameazas que se cernen sobre O Corgo, desaparezcan definitivamente para sempre, que non queremos máis asfalto, nin piscifactoría, nin urbanización, nin humanización de ningún tipo, grazas polo interés pero deixade este sitio en paz. Queremos O Corgo tal como é, tan como esta, ese é o mellor trofeo que pode dar a organización os corredores, dar a coñecer este entorno para que o poidan disfrutar, un trofeo sin lata, natural, de todos e gratis.
As clasificacións van estar pronto, nesta páxina e tamén na de Altofalante, nesta última, as fotos, estamos en elo, para que as poidades baixar.
Para o próximo ano, ides ter 10 kilometros, sarna con gusto non pica.
Pois si, xá teño dous fillos, xá prantei varias árbores, xá organicei unha carreira popular, todo unha historiaâ?¦â?¦â?¦â?¦â?¦..Ã?ORES, Ã?ORAS, vai por vostedes, un bico.
P.D: Noraboa a Barbanzón e a súa muller; Chus; o domingo estuveron en Teira, Barbanzón participando e o luns tuveron o seu segundo fillo, neste caso, Celia. Todo perfecto. Felicidades campeón.