Mar, 04 Feb 2014, 22:05
Asunto: Re: A dimisión de Pedro Nimo
A miña carta e a dun cidadán mais, teño moitos compañeiros de deporte e de outros, algúns cun nivel ALTÍSIMO e que están a vivir situacións moi duras.
Dixen e repito, eu son o primeiro desbordado coa repercusión dunha reflexión nunha web persoal, e recoñezo que ata me vexo desbordado, de feito, esta tarde tiven un rato e adiqueime a buscar pola internet, cartas e reflexións... BUF!!!, ahí si hai casos duros, casos que merecen portadas e interese, e por isto, que me custe entender a repercusión das miñas verbas.
Dito isto, ogallá nos unamos, pero deixando de lado Pedros ou Manolos, todos xuntos coma o que somos, persoas, que nos unamos e respetemos para xuntos facer que isto mellore, algunhas verbas de Cecebre paracéronme duras, non o vou negar, pero penso que coma dixen, todos temos dereito a cambiar, e eu son o primeiro que "rexeito ó Pedro do pasado", agora cometo MOOOitos erros, moitísimos, pero polo menos, son mais feliz e teño a conciencia mais tranquila, e ben pensado, ata Cecebre e mais eu, temos puntos comúns, que carallo!!!, A TODOS OS QUE ESTAMOS AQUÍ NOS GUSTA O ATLETISMO e a todos nos gustaría que este pais fora mellor, pois imos tentar que unha e outra cousa melloren.
Vou durmir que estou valdado, hoxe foron 26 kms ó peto e mañan toca seguir, pode que con esta situación a maioría dos deportistas teñan que traballar para poder adestrar, pode que o nivel e marcas baixen e pode que nin fagamos as mínimas para os grandes campionatos, pero dun ou outro xeito, sexas profesional ou popular, coma non desfrutes con isto, estas perdido!.
Apertas e boas noites compañeiros
3&Run C/ Restollal n35 bajo