Lun, 23 Abr 2007, 22:50
Asunto:
Pois agora vou eu. Ã? tarde e mañan querome erguer cedo así que brevemente.
Chegamos cedo porque non estiven 'fino' á hora de mira-los horarios do acontecemeto; sorte que o paseo é un lugar moi agradable e que precisamos 'adestrar' para o camiño de santiago así que por alí andivemos un anaco ata que abriu o bar do centro de interpretación.
Cando por fin montan o dispositivo de saida/meta conquiro o dorsal que vexo PER-SO-NA-LI-ZA-DO co meu alcume.
Diríxome á zona de saida novamente e contacto con
OJORDO que tamén chegara cedo e estaba a facer tempo ata a hora da saida, alí estivemos de palique un anaco. Logo pasou
PITI e tamén estivemos palicando un rato incluidas a 'jaculatorias' de rigor: "
non sei como estou, irei a modo...." rodaxe de quencemento polo paseo en plan entrevista -sen cámara- segue sendo a mesma moza alegre que lle gusta isto e que agora, con preparación ben dirixida, se lle dá mellor.
Atopamento xeral do equipo "
Os Dezas" quencemento conxunto e posta ó día de tácticas i estratexias... Saúdame
7ombrigos xa nos estiramentos previos, non está conforme coa nosa visión do percorrido, pensa que as costas lle van a perxudicar... Manda carallo, pois si o teu crono foi perxudicado xa non sei que farías nun terreo chan.
Nos colocamos na zona de saida e !!!VEÃ?A QUE VAI¡¡¡. Eu saín coa directa porque quería tomarme isto como unha serie longa; e, bueno, non me saiu mal, por primeira vez neste ano baixei dos 4:00 (3':54") e só me atafanei pola calor no tramo de volta onde non daba a brisa. Tiven boas sensacions e non teño molestias.
Dos compañeiros: Platas unha bala, unha demostración total dende a saida,
PITI inalcanzable para min dende o Qm 1 a perdín de vista e
7Ombligos adiantoume !!!na subida¡¡¡ e logo fomos mais ou menos na mesma distáncia mais non o puiden coller no tramo final.
Os compañeiros de
OS DEZAS ben, moi ben. teño sorte de ser recibido nun grupo de xente coa dose xusta de bó rollo e gañas de participar a tope.
Vémonos por esas carreiras de deus...
P.D. o tema da auga con ser lamentable non foi de estranar porque facía moita calor. De tódolos xeitos sego a 'partir unha lanza' por esta organización que xa quixeran vilas, protocidades e cidades do pais.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html