Xov, 12 Dec 2013, 9:53
Asunto: Entrega premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 13
A organización do CCCP 2013 informa:
"Xa rematou o histórico primeiro Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP) e dende a organización queremos convidarte á túa Gala de Entrega de Premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 2013 (CCCP), que terá lugar o vindeiro día 28 de decembro de 2013 (sábado) na praza da Ferrería de Pontevedra, ás 12.00 horas.
Neste acto entregaremos os premios en cada unha das categorías e aos gañadores absolutos e absolutas, e aproveitaremos e presentaremos o novo calendario para o vindeiro ano do CCCP 2014.
Por favor queremos pedirvos que as persoas que recibiredes un trofeo confirmedes a vosa presencia escribindo a imdadministracion @ pontevedra.eu indicando o voso nome e si contamos con vós. Agardamos polos corredores e corredoras do CCCP 2013 e por todos os amigos do atletismo popular da nosa comarca.
En caso de mal tempo trasladarase ao Teatro Principal de Pontevedra, e para revisar os resultados finais do CCCP 2013 podes facelo en [url=http://www.championchipnorte.com/externos/20130409133445_I_CIRCUITO_DE_CARREIRAS_DE_PONTEVEDRA_2013_(CCCP)/CCCP_2013.htm]http://www.championchipnorte.com/externos/20130409133445_I_CIRCUITO_DE_CARREIRAS_DE_PONTEVEDRA_2013_(CCCP)/CCCP_2013.htm[/url]
Recibide o desexo de boas festas e de saúde para todos vós en nome da Concellería de Deportes do Concello de Pontevedra e do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
VÉMONOS O DÍA 28 NA HISTÓRICA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO CCCP 2013
_______________________________________
Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Rúa Juan Manuel Pintos, s/nº
E-36005 - Pontevedra
T. (+34) 986 872 013 / F. (+34) 986 872 012
imdadministracion @ pontevedra.eu"