Mar, 03 Set 2013, 21:19
Asunto: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)
Outro ano máis, e xa van catro, a organización da carreira PINGA PINGA empeza cos preparativos para esta IV Edición que se celebrará como ata o de agora o segundo sábado de Outubro (12 deOutubro de 2013). Aquí vos deixamos o regulamento da proba e emprazamosvos a que nos sigades no foro, pois iremos dando máis sorpresas da carreira nas vindeiras datas.
REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Normativa:
A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca
chegada.
B.) A clasificación será absoluta.
C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando
estableza a organización.
D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes
mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma suporá a eliminación do atleta acompañado.
E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais
competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É
unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de
cronometraxe ofrecido pola organización.
H) A TODOS OS CORREDORES SE LLE PEDIRÁ O CHIP QUE VAI
GRAPADO NO DORSAL Ó FINALIZAR A PROBA.
I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables
dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasione a participación nesta carreira.
J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.
K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do
regulamento da proba.
2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 12 de Outubro de 2013
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)
CATEGORIAS
MENORES:
Menores A:
Hora: 16:10
Idade: Benxamín = 2004/2005
Percorrido: 250 mts aprox.
Menores B:
Hora: 16:20
Idade: Alevín =2002/2003
Percorrido: 500 mts aprox.
Menores C:
Hora: 16:30
Idade: Infantil/Cadete = 1998/2001
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.
CHUPETES/PITUFOS
Hora: 16:50h
Idade: Chupetes: nados no 2009 e posteriores; Pitufos: nados no
2006-2007-2008
Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.
MAIORES (CATEGORIA RAIÑA):
Hora: 17:00h
Percorrido: 8.000m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa 1991/1997
Senior 1990 e anteriores (ata veteranos)
Veteranos A: De 35 a 49 anos
Veteranos B: De 50 a 59 anos
Veteranos C: A partir de 60 anos
3.- INSCRICIÓNS:
CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o
formulario que está habilitado na web
www.pinarium.com (recomendable)
MAIORES: Inscripcións da proba absoluta (Categoría Raiña) na web:
www.cronotec.es. Logo de inscribirse na mesma web procederase ao
pago na pestana "pago online" segundo as indicacións.
A INSCRIPCIÓN DA "ABSOLUTA" CERRARASE CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.
4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San
Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol
de San Tomé.(3 Voltas).
5.- PREMIOS:
CHUPETES/PITUFOS: Medallas para todos os participantes.
MENORES A/B/C: Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un
trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E
FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3
primeiros da categoría absoluta.
Trofeo ao clube con máis participantes na carreira absoluta.
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE
CO D.N.I. OU O PASAPORTE.
6.- AGASALLOS
400 camisetas técnicas na categoría absoluta
avituallamento para todos os participantes e regalos varios para os
máis pequenos (MEDALLAS,etc)
Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en
colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.
Última edición por PINGA-PINGA o Sáb, 12 Out 2013, 20:32; editado 11 veces